Entre os días 2 e 12 de Abril, a Exposición “Memoria Libertaria” estará na Coruña, na Sala de Exposicións da Fundación R.Iglesias.
Se trata dunha exposición en paneis que lembra a Revolución Libertaria de 1936 en tódolos eidos: educación, colectivizacións, …
Mais información na web Memoria Libertaria
viernes, 23 de febrero de 2007
A EXPOSICIÓN "MEMORIA LIBERTARIA" NA CORUÑA
sábado, 17 de febrero de 2007
SOLIDARIDADE CON DIONISIO PEREIRA
A Confederación Xeral do Traballo (CGT) da Coruña, ante os intentos de silenciamento da verdade e da recuperación da memoria histórica da represión franquista en Galicia que está a sufrir o historiador Dionisio Pereira, manifesta a súa solidaridade e apoio.
A Confederación Xeral do Traballo (CGT) da Coruña manifesta o seguinte:
- O noso rexeitamento da acción xudicial que se promove contra o coñecido historiador Dionisio Pereira, que se ten destacado pola súa constante labor a prol da recuperación da memoria dun tempo que nos quixeron e queren facer esquecer.
- O noso apoio total ó compañeiro Dionisio Pereira, a disposición de quen poñemos os medios deste Sindicato de cara á súa defensa e á continuación do seu labor investigador.
- A nosa condena de todo intento de silenciar a memoria dos represaliados polo franquismo pola súa loita por un mundo novo, en xustiza e liberdade.
- O noso desexo de que os atrancos que algúns tratan de poñer á recuperación da memoria histórica, sexamos quen entre todos e todas de convertelos en novos pulos no esforzo de descubrir e difundir a verdade que tanto tempo permaneceu agochada.
viernes, 16 de febrero de 2007
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
