jueves, 26 de julio de 2007

DENUNCIAS POR DESAPARECIDOS EN ANDALUCIA. ENTRE ELES, MARÍA SILVA, "A LIBERTARIA"

Coincidindo có 71 aniversario da sublevación fascista (18 de Xullo) presentábase perante o rexistro do Xulgado nº 5 da Audiencia Nacional, do que é titular o xuiz
Baltasar Garzón, a denuncia por 57 desaparecidos nas provincias de Sevilla, Huelva e maila de Maria Silva Cruz (La Libertaria) de Cádiz. A denuncia foi presentada polos representantes da Asociación Andaluza “Memoria Histórica y Justicia” (AMHyJA).

miércoles, 25 de julio de 2007

DIONISIO PEREIRA PREMIADO POLA FUNDACIÓN ALEXANDRE BÓVEDA POLA SÚA LABOURA NA RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA

A Fundación Alexandre Bóveda, vén de anunciar a entrega do seu premio "Día da Galiza Mártir" á recuperación da memoria, ao historiador Dionisio Pereira. A fundación destaca o "labor investigador e divulgador da represión franquista" de Pereira, "dando a coñecer acontecementos, lugares e nomes que outros quixeron borrar de xeito violento da nosa lembranza, e promovendo a organización de actos de rehabilitación e reparación das vítimas da barbarie fascista".

O acto de entrega levarase a cabo durante un xantar que terá lugar o propio 17 de agosto, día da Galiza Mártir, no Pazo da Cultura en Pontevedra, ás 14:30h.

Da web GZnación.com

martes, 24 de julio de 2007

O XUIZO CONTRA DIONISIO PEREIRA TERÁ LUGAR O VINDEIRO 2 DE OUTUBRO

O pasado 18 de xullo tivo lugar no xulgado da Estrada unha audiencia previa na que os abogados da familia denunciante mantiveron a demanda contra o historiador. O xuiz fixou o xuizo para o 2 de outubro, ás dez da mañá.

Nova aparecida no xornal "La Voz de Galicia"

65 ANOS DO ASASINATO DE JOAN PEIRÓ

Hoxe, 24 xullo, fan 65 anos do asesinato de Joan Peiró.

Joan Peiró i Belis, anarquista catalán nacido o 18 de febreiro de 1887 no barrio de Sants (Barcelona) e fusilado polas autoridades franquistas o 24 de julio de 1942.

Documental: "Joan Peiró y la justicia de Franco".

MEMORIA NA PRENSA

Un verán roxo e negro

Hai exactamente 30 anos, Barcelona era unha cidade libertaria. Os días 22, 23, 24 e 25 de xullo de 1977, o Saló Diana, na rúa de Nou da Rambla, e mailo parque Güell, convertíronse nos polos principais das Xornadas Libertarias, un acontecemento a cabalo entre o happening e o debate político e social no que participaron unhas 600.000 persoas, a maioría xóvenes que empezaban a descubrilo case que todo.

Articulo publicado en " El periodico", o domingo 22 xullo, e recollido na web Memoria Libertaria

miércoles, 18 de julio de 2007

O TRIBUNAL SUPREMO XUSTIFICA O CARPETAZO Á PENA DE MORTE DE PUIG ANTICH

Tres dos cinco maxistrados que integran a sala militar do Tribunal Supremo opuxéronse a autorizar á familia de Salvador Puig Antich a que apresente un recurso de revisión á condea a morte do xoven anarquista que foi axusticiado a garrote vil na Prisión Modelo de Barcelona en marzo de 1974. Pola súa banda, dous dos maxistrados apoian esa revisión por entenderen que o xoven anarquista "non tivo un xuizo xusto".

Mais información na web Memoria Libertaria.org

MEMORIA NA PRENSA

Co gallo da celebración en Compostela dos Encontros de Grupos de Investigación, os xornais recollen numerosos artigos referentes á memoria histórica:

"Cada goberno autonómo debe responsabilizarse dos seus represaliados". Queralt Solé, Responsable da unidade de desaparecidos e fosas da GCE na Generalitat de Catalunya
La Opinión de A Coruña, 18-7-07

Só Galiza e Extremadura non dan axudas aos presos do franquismo
La Opinión de A Coruña, 18-7-07

Finou Bóveda, preso da dictadura que liderou a fuga dun penal navarro. As súas reivindicacións para os xornaleiros do Ribeiro nos anos 30 levarono á cadea.
Tra-la frustrada fuxida en maio de 1938 cós mais de mil reclusos do forte de San Cristóbal, entre eles 204 galegos, o sindicalista ourensán foi condeado a 17 anos de cárcere.
La Opinión de A Coruña, 18-7-07

ENCONTRO SOBRE HISTORIA E MEMORIA, A xeografía que non está nos mapas.
La Voz de Galicia, 18-7-07

Catro fosas con galegos represaliados do franquismo xa foron investigadas
O médico forense Fernando Serrulla asegurou que foron localizadas en España un total de 284 fosas con cadáveres da Guerra Civil e a dictadura. Ademais comentou que na Galiza xa foron investigadas fosas do Vicedo, Soutadouro, Vilarrube e Valdoviño.
El Ideal Gallego, 18-7-07

martes, 17 de julio de 2007

MEMORIA NA PRENSA

"Galiza foi a comunidade que mais sufriu a represión de Franco". F. Espinosa, Historiador.

A política do esquecemetno da transición fixo que ainda hoxe milleiros de familias descoñezan o paradeiro dos seus pais, imáns ou abós. Proxectos como o andaluz Todos los nombres, dirixido polo doutor en Historia en Sevilla Francisco Espinosa, que onte participou nunhas xornadas organizadas na Facultade de Historia de Santiago sobre a memoria histórica, pretenden facer da memoria un factor de identidade social a partir do recoñecemento público dos erros do pasado. "As feridas estaban mal pechadas. Primeiro, impediuno a dictadura, logo a transición e finalmente 14 anos de políticas de silencio e esquecemento", denuncia Espinosa.

Nova aparecida na contraportada do xornal La Opinión de A Coruña, 17-7-07

INAUGURADO O ENCONTRO DE GRUPOS DE INVESTIGACIÓN HISTORIA E MEMORIA EN COMPOSTELA

Onte comezou en Compostela o Encontro de Grupos de Investigación: Historia e Memoria, trala inauguración pola conselleira.

Tedes o programa na seguinte ligazón: Programa do Encontro

lunes, 16 de julio de 2007

MEMORIA NA PRENSA

UN EQUIPO DE ARQUEÓLOGOS EXHUMARÁ EN AGOSTO TRES FOSAS COMÚNS EN A FONSAGRADA, BOIMORTO E AMES
180 familias galegas buscan aos seus desaparecidos durante a Guerra Civil
A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica do Bierzo leonés é a promotora das primeiras exhumacións, e recuperou nos últimos sete anos preto dun milleiro de corpos, oito deles na Galiza.

Nova aparecida no xornal La Opinión de A Coruña, 16-7-07

jueves, 12 de julio de 2007

ENCONTRO DE GRUPOS DE INVESTIGACIÓN: HISTORIA E MEMORIA, EN COMPOSTELA

ENCONTRO DE GRUPOS DE INVESTIGACION: HISTORIA E MEMORIA
Proxecto de Investigación ‘As Vítimas os nomes e as voces’.
Santiago de Compostela, do 16 ao 18 de xullo do 2007

Xuntanza de Proxectos de Investigación sobre o estudo da represión franquista
A investigación sobre a represión ten avanzado notablemente nos últimos anos. Numerosos proxectos de investigación e de cuantificación das vítimas veñen a ser realizados nos nosos días. O volume de información xenerado comenza a ser non moi doado de abarcar e de dixerir. A realización simultánea de varios proxectos de investigación en distintas comunidades autónomas e provincias do Estado provoca que desde moitas partes se esté a traballar sobre os mesmos obxectivos mais con distintos procedementos.

As xornadas divídense nunha serie de talleres para poñer en común os distintos proxectos e abordar as mesmas desde unha perspectiva dobre: tanto de recoñecemento e desenvolvemento da investigación, como de tentar solventar un dos seus problemas, xa que a represión non coñece fronteiras provinciais nin de comunidades autónomas.

A xuntanza servirá como unha primeira toma de contacto dos distintos proxectos de investigación do Estado para traballar en varias xornadas sobre os diferentes aspectos comúns referentes ao estudo da represión durante a guerra civil e o franquismo. Esta xuntanza ten como obxectivo primordial contribuir á constitución dun interese xeral cara os traballos de investigación e documentación sobre o estudo histórico da guerra civil e a ditadura franquista. Tentaranse esclarecer as moitas sombras que aínda existen sobre os feitos entón acontecidos e, ao tempo, amosaremos o enorme patrimonio histórico e cultural do país doutro xeito abocado a perderse.

Programa do Encontro

Tirado da páxina da Federación Estatal de Foros por la Memoria

martes, 10 de julio de 2007

O ANARCOSINDICALISMO ESPAÑOL, ENTRE O POSIBILISMO E O FUNDAMENTALISMO

A historia do anarcosindicalismo español, como ocurre en todo grande movemento social, debatiuse sempre entre a fidelidade aos seus principios ideolóxicos e a súa necesidade de adecuarse ás circunstancias de cada momento histórico. Xunto aos Durruti ou García Oliver, sempre estiveron os Pestaña ou os Peiró. Todos eles fixeron da CNT o que foi, e son elementos inseparables da súa historia. O que nos propuxemos neste dossier é analizar cómo conviviron esas dúas tendencias ao longo da historia.

Podes leer ao completo este Artigo de Jesús Ruiz Pérez publicado en Polémica, nº 89, julio, 2006, na web de Rojo y Negro Digital: El anarcosindicalismo español, entre el posibilismo y el fundamentalismo

"VIVIR DE PIE". UNHA PELÍCULA SOBRE CIPRIANO MERA

"Vivir de Pie" explora a personalidade de Cipriano Mera, os ideais e feitos que fixeron da súa vida unha grande aventura da utopía, protagonista privilexiado dun intenso viaxe da Historia. É a historia dun hombre libre que se negou a elexir entre vivir de xeonllos ou morrer de pé; pero non estivo só. Xunto a él, todos aqueles que enarbolaron as bandeiras da "Idea". A todos eles que loitaron sincera e enerxicamente, atrapulles a esperanza nun "Mundo Novo".

Coa colaboración entre outros da Fundación Salvador Seguí, está previsto o estreno do filme para o vindeiro mes de outubro, aniversario da batalla de Guadalaxara


Mais información en "Vivir de Pie"

Trailer de Vivir de pie. Las guerras de Cipriano Mera. 9 min.

O ANARCOSINDICALISMO ESPAÑOL. UNHA HISTORIA EN IMAXES.


Có título "El anarcosindicalismo español. Una historia en imagenes" acaba de sair á rúa o último libro editado pola Confederación Sindical "Solidaridad Obrera", continuando coa liña editorial de por no mercado libros de non fácil publicación por entidades comerciais e que cubran aspectos de divulgación do movemento obreiro e o anarcosindicalismo. Esta vez o centenario da vella Soli ten servido de catalizador para facer un libro especial, un álbum de fotos.

Información tirada de Kaos en la Red: "El anarcosindicalismo español. Una historia en imágenes"

lunes, 9 de julio de 2007

CENTENARIO DE SOLIDARIDAD OBRERA


No mes de agosto se cumplirán cen anos do nacemento de Solidaridad Obrera. Aos tres anos da súa creación decidiu pasar a chamarse Confederación Nacional do Traballo (CNT), e co paso do tempo deu lugar a distintas organizacións sindicais que se reclaman anarcosindicalistas, entre elas a Confederación Xeral do Traballo (CGT).

En Kaos en la Red, podedes atopar un artigo dos compañeiros e compañeiras da Confederación Sindical "Solidaridad Obrera", titulado
"SOLIDARIDAD OBRERA: ¿UN PUNTO DE INFLEXIÓN EN EL MOVIMIENTO OBRERO LIBERTARIO?"

AS VÍTIMAS DO 36 EN GALICIA. MEMORIA E PAZ PARA SEMPRE

Entre os días 9 a 13 de xullo, no Salón de Actos da Facultade de Humanidades de Lugo, terá lugar o curso AS VÍTIMAS DO 36 EN GALICIA. MEMORIA E PAZ PARA SEMPRE, con trinta horas lectivas, baixo a dirección de Claudio Rodríguez Fer (USC) e con Carmen Blanco (USC) como secretaria.

Podedes descargar o programa completo do curso na seguinte ligazón: Programa do Curso

viernes, 6 de julio de 2007

GRANADO E DELGADO, UN CRIME LEGAL: CONTRA O ESQUECEMENTO E A INXUSTIZA


A Confederación Xeral do Traballo (CGT), na súa actuación de recuperación da memoria libertaria, está reivindicando a rehabilitación dos anarquistas Francisco Granado e Joaquín Delgado como víctimas do franquismo; ten organizado una exposición que percorreu todo o estado, apoiando as iniciativas do Grupo pro revisión do proceso Granado – Delgado, prestado asesoramento xurídico, así como ten dado alento ás familias dos compañeiros, desde o acto de apresentación do Grupo en Madrid, o 25 de maio de 1999, no Clube Internacional de Prensa.

O caso Granado–Delgado é un triste exemplo, dun dos moitos, ¡demasiados xa! procesos ilegais que executou o franquismo para masacrar á clase obreira e reprimir calquer conato de oposición ao seu réxime de terror.


A Secretaría de Formación do Comité Confederal da CGT ven de editar un libro de 64 páxinas e 10 imaxes co seguinte índice:
  • Prólogo: Granado y Delgado, un crimen legal
  • El Tribunal Supremo cierra el paso a la revisión judicial de la memoria histórica
  • Contra el olvido y la injusticia
  • Palabras previas
  • La “Transición” Y la Amnesia Histórica
  • La Recuperación de la Memoria
  • Resumen histórico del Grupo pro revisión del proceso Granado-Delgado
  • Posición de CGT ante la Ley de Memoria Histórica
  • Voto particular
Se poden realizar os pedidos na seguinte dirección: sp-formacion [arroba] cgt.es