sábado 31 de marzo de 2007

INICIO DAS XORNADAS POLA RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA LIBERTARIA NA CORUÑA

O vindeiro martes, tres de abril, ás 17 horas se inaugurará a Exposición "Memoria Libertaria" dentro das Xornadas pola Recuperación da Memoria Histórica Libertaria que organiza a Confederación Xeral do Traballo (CGT) da Coruña.
A Exposición permanecerá aberta entre o mesmo día tres e o doce de abril, agás os días 8 e 9 que pechará a sá de exposicións.
O acto terá lugar na sé da Fundación Rodríguez Iglesias na Rúa da Cordelería, 32 - Edificio Hércules (antigo Cine Goya)con entrada polo Paseo Marítimo.

MANIFESTO POLA RETIRADA DA SIMBOLOXÍA FRANQUISTA NA CORUÑA

A iniciativa da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica, a Confederación Xeral do Traballo (CGT) da Coruña, xunto con outros colectivos, firmou un manifesto no que se solicita ao goberno local que suprima da cidade a simboloxía franquista.
Explican que, «despois da longa noite de pedra da ditadura, é hora de recuperar a dignidade, derogando todas as distincións honoríficas ás persoas máis significativas do levantamento militar fascistas do 19 de xullo de 1936, e a xustiza, facendo un recoñecemento institucional e público ás vítimas da represión».

Nova en "La Voz de Galicia".

martes 27 de marzo de 2007

XORNADAS POLA RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA LIBERTARIA NA CORUÑA

A Confederación Xeral do Traballo (CGT) da Coruña organiza entre os días 3 e 12 de abril, unhas Xornadas pola Recuperación da Memoria Histórica Libertaria, que terán lugar na sé da Fundación Rodriguez Iglesias, na rúa Cordelería 32 (Edificio Hércules), con entrada polo Paseo Marítimo.

FOLLETO DAS XORNADAS

CARTEL DAS XORNADAS

lunes 12 de marzo de 2007

33 ANOS DESPOIS: SALVADOR, MEMORIA E MOITO MAIS ...

Reproducimos un fragmento dun escrito dos compañeiros e compañeiras de CGT-PV sobre a Memoria Histórica:

“...Es proyectándonos en el futuro, donde sentimos el peso del presente, y donde radica nuestra razón de ser...” Salvador Puig Antich. (La Modelo, diciembre de 1973, fragmento de una carta dirigida a su hermana" (...)
Hoy, trascurridos algunos años, los familiares, amigos y compañeros de éstos, y de otros no tan conocidos, siguen reclamando justicia y la revisión de sentencias para que salga a la luz la verdad y se les dignifique, y es que el pasado aunque silenciado y manipulado, resurge, porque es necesario recordar esa parte de la historia amordazada, porque son los vencedores los que han escrito la historia y la continúan escribiendo.
Para que no siga todo “atado y bien atado”: Justicia, memoria y dignidad."

domingo 11 de marzo de 2007

DUASCENTAS PERSOAS SE MANIFESTAN EN MADRID CONTRA DA LEI DA MEMORIA HISTÓRICA

Cerca de duascintas persoas concentraronse onte na Praza de Oriente de Madrid, para exigir ao Goberno que non permita que o proxecto de lei de Memoria Histórica sexa unha reedición da lei de amnistía de 1977 e se convirta nunha «auténtica lei de punto final».

Mais información en "Rojo y Negro digital"


sábado 10 de marzo de 2007

ACTO POLA MEMORIA NO PORTIÑO

Onte, a partires das sete e media do serán, no porto do Portiño ao pé do Monte San Pedro tivo lugar a homenaxe en lembranza dos compañeiros que tentaron hai setenta anos a malograda fuga do Monte San Pedro.
No acto que contou coa participación entre outros de Eliseo Fernández, Xurxo Souto e Manuel Rivas, estivemos presentes media ducia de militantes da CGT.

A prensa de hoxe recolle reseñas do acto: "El Ideal Gallego", "La Voz de Galicia", ...

viernes 9 de marzo de 2007

A FUGA DO PORTIÑO

Hoxe no xornal "La Opinión" aparece un artigo de Ana Rodríguez en lembraza da fuga do Monte de San Pedro, con motivo da homenaxe que se celebrará ás 19:30 no Portiño.

"Setenta anos da fuga do Portiño"

jueves 8 de marzo de 2007

ACTO POLA RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA NA CORUÑA: A FUGA DO MONTE SAN PEDRO


A CGT da Coruña apoia o acto convocado pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica para recorda-la fuga do Portiño, feito que tivo lugar hai 70 anos.

O acto terá lugar no peirao do Portiño o venres, día 9, ás 19:30 horas e forma parte dos actos que a Comisión para a recuperación da memoria arrebatada polo fascismo.

A CGT coruñesa asinou, con outras organización, unha taboa de peticións para presentar no concello da Coruña, na que se pide, entre outras cousas a eliminación do noménclator franquista, así como a retirada dos homenaxes e nomeamentos que ó dictador Franco lle fixo o concello fascista.

CGT da Coruña.