Entre os días 3 e 17 de setembro terá lugar a exposición "A ILLA DA MEMORIA. A REPRESIÓN NO CÁRCERE DA ILLA DE SAN SIMÓN. 1936-1943", no ATENEO DE OURENSE (Curros Enríquez, 1), onde terá lugar tamén a presentación do libro "EPISODIOS DE TERROR DURANTE A GUERRA CIVIL NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA. A ILLA DE SAN SIMÓN", de Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure, que realizarán os propios autores.
Mais información: Memorialibertaria.org
viernes 31 de agosto de 2007
martes 28 de agosto de 2007
EXHUMACIÓN DUNHA FOSA COMÚN NO PINO
Un equipo de arqueólogos da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) busca os restos de varios fusilados nunha fosa común nos montes de Amenal, no concello do Pino.
ARMH halla un cadáver en la primera jornada de exhumación en una fosa en Amenal
El Progreso (28/08/07)
Localizan en O Pino una fosa con dos fusilados de la Guerra Civil
La Opinión de A Coruña (29/08/08)

jueves 23 de agosto de 2007
"BOAS NOITES, SEÑORES. ¡VIVA A ANARQUÍA!
“Boas noites, señores. ¡Viva a anarquía!”. Estas foron as derradeiras verbas de Nicola Sacco antes de morrer executado na cadeira eléctrica ao igual que Bartolomeo Vanzetti o 23 de agosto de 1927, xusto hoxe hai oitenta anos.
Artigo de Raúl Calvo Trenado, tirado de Kaos en la Red

miércoles 22 de agosto de 2007
SACCO E VANZETTI, 80 ANOS DESPOIS. GRANADO E DELGADO, 44 ANOS DESPOIS
A diferencia dos EEUU que si revisou o caso Sacco e Vanzetti e pediu desculpas aos seus descendentes, a España “democrática” ten sido incapaz de facelo con Granado e Delgado. Peor ainda: transcurridos mais de 30 anos despois da desaparición do Dictador e do pretendido restablecimento da Democracia, as víctimas da represión fascista seguen a esperar a súa rehabilitación.
Extracto do artigo de Octavio Alberola "Sacco y Vanzetti, 80 años después. Granado y Delgado, 44 años después", recollido na web memorialibertaria.org.

BALANCE DE INICIATIVAS 1998-2007 DO GRUPO DE TRABALLO "RECUPERANDO A MEMORIA DA HISTORIA SOCIAL DE ANDALUCÍA" DE CGT-A
Este Grupo de Traballo iniciou a súa andadura alá por 1998. Ninguén – nin os seus propios compoñentes- imaxinaba a importante demanda social de información que sobre esta temática había aletargada (por medo en moitos casos) esperando que alguén se atrevera a “tirar de la manta” e se expuxera, públicamente, o que os poderes tiñan silenciado dende o inicio do actual réxime político.
Balance de Iniciativas 1998-2007 del Grupo de Trabajo “Recuperando la Memoria de la Historia Social de Andalucía” de CGT-A

martes 21 de agosto de 2007
DOCUMENTAL SOBRE CASAS VIEJAS
Casas Viejas. El grito del Sur (2007) de Basilio Martín Patino
Documental sobre a represión, por parte das forzas do orde ao servizo da República, dunha rebelión campesina de corte libertario na pequena localidade gaditana de Casas Viejas en 1933.
Tirado de Kaos en la Red

80 ANOS DA MORTE DE SACCO E VANZETTI
Como xa recollíamos dias atras, o pasado día 17 se cumprían 44 anos do asasinato dos compañeiros Granado y Delgado. O vindeiro xoves cumprense 80 anos do asasinato de Sacco e Vanzetti.
Video Sacco e Vanzetti.
Artigo de Carlos Fonseca, con Introducción de Carlos Peña, en Rojo y Negro digital.

lunes 20 de agosto de 2007
A MEMORIA NA PRENSA
A exhumación de once desaparecidos da Guerra Civil en Grandas anima á búsqueda doutras víctimas da represión, unhas 5.000 en Asturies.
Ese home maior que chora e recita versos arrimado á cuneta dunha estrada remota conxura lembranzas de 1937. Era a hora da derrota para os milicianos galegos que tentaban volver á Coruña tralo afundimento do frente do Norde, a hora da vinganza para os falanxistas que os perseguían. Ninguén sabe con certeza cántos cadáveres deixou tras de sí aquela cacería minuciosa na raia de Lugo. Poderían sumar ata 17, según algunhas testemuñas, ainda que a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) só podo atopar 11 esta semana.
El Comercio Digital (20/08/08)

44 ANOS DO ASASINATO DE DELGADO E GRANADO
O pasado 17 de agosto cumprironse 44 anos da execución a garrote vil dos militantes libertarios Joaquin Delgado e Francisco Granado.A Secretaría de Formación da CGT ten editado a obra "Contra el olvido y la injusticia", un resumen histórico do Grupo pro revisión del proceso Granado y Delgado.
domingo 19 de agosto de 2007
PUBLICADO O LIBRO "MEMORIAS DE UN ANARQUISTA EN PRISIÓN" DE ALEXANDER BERKMAN
Alexander Berkman naceu na Lituania, fillo dun adinerado home de negocios xudeu. Orfo aos 18 anos, emigrou aos Estados Unidos, onde coñeceu á súa compañeira Emma Goldman, unha inmigrante rusa que daquela traballaba nunha fábrica textil. Influidos polas obras de Johann Most, Berkman e Goldman convertironse en activistas ao implicarse na campaña aprol da liberación dos homes apresados nos feitos de Haymarket de 1886. A partires daquela quedaron vinculados ao movemento anarquista.
A editorial Melusina ten publicado a obra "Memorias dun anarquista en prisión", un libro coas lembranzas da dura realidade da prisión que non se compadecía có su ideario anarquista, un doloroso proceso de aprendizaxe condicionado polas condicións brutais impostas pola vida en prisión.
A historia comeza cando, o 23 de xullo de 1892, Berkman entra na oficina do magnate Henry Clay Frick para matalo. Un asasinato (un attentat)que sería, na tradición libertaria, unha acción política violenta destinada a despertar a conciencia da clase traballadora dos Estados Unidos. Berkman é xulgado e condeado a 22 anos de prisión.
Mais información en Rojo y Negro Digital.

sábado 18 de agosto de 2007
VIDEO DA EXHUMACIÓN DAS FOSAS NA FONSAGRADA
Video da nova na TVG sobre a excavación das fosas de membros do Batallón Galicia asasinados e enterrados na Fonsagrada.
HISTORIA DO BATALLÓN GALICIA Nº19
Luis Miguel Cuervo, membro da Asociación TODOSLOSNOMBRES de Asturies, é o autor dun artigo sobre o Batallón Galicia nº19 ao que pertencían os loitadores asasinados en 1937 e que foron enterrados nas fosas agora exhumadas da Fonsagrada.
"La historia del Batallón Galicia en el frente Norte"

viernes 17 de agosto de 2007
BALADA SOBRE O COMANDANTE MORENO
BALADA SOBRE O CTE. JOSÉ MORENO, anarquista coruñés, paseado na Fonsagrada.
http://www.xente.mundo-r.com/eliseo/index.html
Copla de cego ao son da zanfoña
REMATADA A EXHUMACIÓN DAS FOSAS ONDE FORON ENTERRADOS INTEGRANTES DO BATALLÓN GALICIA
O equipo de arqueólogos da ARMH deron por rematada a búsqueda de mais fosas con restos dos militantes, na súa maior parte libertarios, do Batallón Galicia, asasinados en 1937 cando regresaban de Asturies á Galiza.
A ARMH exhuma nunha segunda fosa tres corpos de republicanos asasinados na Fonsagrada
El Progreso (15/08/08)
Prosigue, sen éxito, a búsqueda da segunda fosa común de Grandas
As labores de rastreo do enterramento, con restos de seis persoas, teñen lugar no alto do Acebo.
La Nueva España (15/08/08)
Sen rastro do comandante Moreno
Os arqueólogos non logran atopar o corpo do anarquista coruñés fusilado na Fonsagrada e supostamente enterrado nunha fosa.
La Opinión de A Coruña (15/08/08)
Os voluntarios reanudan hoxe as labouras para a exhumación dos cadáveres, que «non están en bó estado», e a búsqueda de outros dous.
El Comercio (16/08/08)
Os arqueólogos atopan a segunda fosa de republicanos asasinados na Fonsagrada
Polo momento non apareceu o cadáver do comandante Moreno, que lideraba o grupo fusilado en 1937 e que según algunhas testemuñas oie enterrado en perpendicular ao resto dos seus homes.
La Opinión de A Coruña (16/08/08)
Atopan en Asturies fosas con membros do Batallón Galicia
Foron recuperados nove corpos dos 16 que poderían estar enterrados.
La Voz de Galicia (16/08/08)
A ARMH conclue as labouras de exhumación no Acevo logo de recuperaren 11 cadáveres
El Progreso (16/08/08)
Reportaxe: A derradeira copla do comandante Moreno
Atopados entre Galiza e Asturies os cadáveres de 11 milicianos que os falanxistas fusilaron no monte
El Pais (17/08/08)
O equipo de exhumación abandoa a búsqueda dunha terceira fosa do batallón «Galicia»
Os traballos desenvolvidos en terreos de Grandas de Salime e da Fonsagrada permitiron recuperar un total de once cadáveres
La Nueva España (17/08/08)
Concluen as tarefas de exhumación dos republicanos no alto do Acebo
Os arqueólogos e voluntarios da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) que nos últimos días encontraron corpos de republicanos asasinados trala Guerra Civil no alto do Acebo (no límite entre Galiza e Asturies), decidiu concluir temporalmente as tarefas.
La Opinión de A Coruña (17/08/08)

martes 14 de agosto de 2007
UNHA BIBLIOTECA NA WEB SE SUMA AO PROXECTO "TODOS LOS NOMBRES"
O compañeiro de CGT Andalucía Cecilio Gordillo, Coordinador do Proxecto “todoslosnombres” nos informa que teñen reconvertido unha sección de www.todoslosnombres.org para darlle cabida á súa biblioteca, a que veñen utilizando como “fonte” principal para que a Base de Datos e Microbiografias tente reflectir aqueles nomes, rostros e historia dos represaliados do franquismo, que se recuperen e manteñan, no tempo, na nosa memoria colectiva. Non están todos, pero pouco a pouco (antes de setembro) tentarase que nesta biblioteca estean o máximo daquelas obras (libros e artigos publicados) que, coa autorización expresa dos seus autores, teñen sido utilizadas para este obxectivo, INFORMAR.
EXHUMACIÓN DA FOSA COMÚN NA FONSAGRADA DOS MEMBROS DO BATALLÓN GALICIA
Na prensa destos días poidemos seguir o avance da exhumación dos corpos de varios loitadores do "Batallón Galicia" asasinados cando regresaban de Asturies tra-la caída do frente durante a guerra civil.
"Unha xuiza de Castropol non da permiso para exhumar os cadaveres de 16 anarquistas"
El Progreso (10/08/08)
"Tra-los restos do Batallón Galicia"
Comeza a exhumación dos cadáveres do comandante republicano José Moreno e os seus 13 homes abatidos no Acebo
La Nueva España (10/08/08)
"A xuiz de Castropol prohíbe exhumar os cadáveres do Batallón Galicia en Grandas"
A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica pensa iniciar a excavación ao ter o permiso do titular dos terreos, o Concello.
La Nueva España (10/08/08)
"Unha fosa do franquismo será exhumada hoxe na Fonsagrada sen permiso xudicial"
La Opinión de A Coruña (11/08/08)
A fuxida do comandante Moreno
La Opinión de A Coruña (11/08/08)
"Fue el héroe de mi papá"
O fillo do comandante Moreno morreu hai catro anos sen saber qué fora dél. A súa familia, afincada en México, viaxou en xullo á Galiza tras coñecer que está enterrado nunha fosa na Fonsagrada
La Opinión de A Coruña (11/08/08)
"Os cemiterios da guerra civil"
Os arqueólogos abriron na Galiza catro fosas da dictadura desde 2003
La Opinión de A Coruña (11/08/08)
"Inicio da exhumación dos enterrados no Acebo"
La Voz de Galicia (12/08/08)
"Localizan os restos de 9 republicanos fusilados en A Fonsagrada en 1937"
La Opinión de A Coruña (12/08/08)
"Non tiñamos ferramentas para cavar a fosa"
Armando Fernández, que con 11 anos enterrou os cadavres, relata que eran os veciños os que tiraban do carro cós corpos.
La Opinión de A Coruña (12/08/08)
Os traballos de exhumación recuperan nove cadavres do batallón Galicia
La Nueva España (12/08/08)
"Exhumados nueve cuerpos de republicanos abatidos en 1937"
A Asociación para a Memoria Histórica desenterra unha fosa común na Fonsagrada
El Pais (12/08/08)
"A xustiza non distingue un asasinato do franquismo dun de hai unha semana"
Entrevista con Javier Ortiz, arqueologo da ARMH encargado da exhumación da Fonsagrada.
La Opinión de A Coruña (13/08/08)
"Búsqueda de cadaveres da guerra civil en Ponteareas"
El Pais (13/08/08)

martes 7 de agosto de 2007
A ARMH, NA PROCURA DE FAMILIARES DOS LOITADORES ENTERRADOS NA FONSAGRADA
A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) busca aos familiares de nove das 15 persoas que se encontran "supostamente" enterradas na fosa común da Fonsagrada (Lugo) e que será exhumada a partir do vindeiro sábado 11 de agosto.
Se trata de:
Serafín Varela Platero (Guntín-Lugo, 1909) enfermeiro e afiliado a CNT; Comisario Político da compañía,
Emilio Novas Naya, (Vilanova -A Coruña, 25-04-1905), fillo de Emilio e Dominga, solteiro, afiliado a CNT; Capitán de Milicias
Luis Rafael Villar Sánchez, (Vigo-Pontevedra, 8-10-1910), fillo de Luis Rafael e Carlota, casado, dibuxante e afiliado a CNT; Sarxento de Milicias
José Barros Germade, (Betanzos -A Coruña, 3-08-1899), fillo de Antonio e Dolores, marino, afiliado a CNT; Tenente, que se incorporara ao Batallón o 17-11-1936.
Enrique García Lago, (Mugardos-A Coruña, 2-12-1911), fillo de Diego e María, solteiro, fogoneiro naval, afiliado a CNT; Capitán de Milicias
Manuel Rivas Rey, (Forcarei-Pontevedra, 29-07-1914), fillo de José e Manuela, casado, canteiro, afiliado a UGT. Sarxento de Milicias
Albino Domínguez Márquez, (A Cañiza-Pontevedra, 19-05-1914), fillo de Fulgencio e Rosa, solteiro, labrego e afiliado a CNT; Sarxento de Milicias
Enrique Viadero Haya, (Armero-Santander, 14-05-1911), fillo de Alfredo e Victoria, casado, mariñeiro, afiliado a CNT; Sarxento de Milicias
Maximino Díaz Bugallo, (Milleda), 24 anos, canteiro, afiliado a UGT, Sarxento de Milicias.
Nova aparecida en "El Progreso" (07/08/07)

"A ASOCIACIÓN PARA A MEMORIA HISTÓRICA REALIZARÁ EXHUMACIÓNS NA GALIZA"
O vicepresidente e fundador da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, Santiago Macías, calculou onte que en España pode haber mais de 50.000 cadáveres soterrados en fosas comúns, de persoas que foron asasinadas durante a Guerra Civil e durante a Dictadura.
Nova aparecida en El Ideal Gallego (07/08/07)
"BUSCAN OS CORPOS DE 15 FUSILADOS NA FONSAGRADA"
Nova aparecida en "El Pais" (06/08/07)

jueves 2 de agosto de 2007
EXHUMACIÓN DUNHA FOSA COMÚN NA FONSAGRADA ONDE PODERÍAN ATOPARSE ATA QUINCE LOITADORES ANTIFASCISTAS ASASINADOS
Trátase dunha fosa na que poderían atoparse os restos de ata quince loitadores galegos do Batallón Galicia (comandado polo coruñés José Moreno), asasinados o 29 de outubro de 1937 por un grupo de pistoleiros da Falange e da Guardia Civil que será exhumada o vindeiro día 11 no concello da Fonsagrada (Lugo) pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH).
Nova aparecida en La Voz de Galicia (02/08/07)
O militante anarcosindicalista Moreno lideraba un batallón de milicianos galegos que participou en combates en Oviedo, Vizcaya, Santander e León, e tentou regresar á Coruña logo da caída do Frente do Norte, o 20 de octubre de 1937.
O seu obxectivo era chegaren á Coruña para alcanzar a costa francesa utilizando un barco e a infraestructura que aínda conservaba o sindicato anarcosindicalista "Despertar Marítimo" da CNT. Durante a súa fuxida a pe, o grupo, de dez ou once homes, chegou ao alto do Acebo. Tras seren delatados, foron fusilados e sepultados nunha fosa á que, días despois, se botaron os cadáveres doutros catro ou cinco xóves que tamén fuxían de Asturies.
Nova en La Nueva España (02/08/07)

Suscribirse a:
Entradas (Atom)