lunes, 10 de septiembre de 2007

XORNADAS NO GROVE "A REPRESIÓN FRANQUISTA EN GALIZA: O DEREITO A SABER, A LIBERDADE DE INVESTIGAR


Entre os días 19 e 22 de setembro, terán lugar unhas xornadas baixo o título "A represión franquista na Galiza. O dereito a saber, a liberdade de investigar", no cine O Mariño, na rúa de Castelao no Grove (Pontevedra).

Programa das Xornadas

ACTOS POLA MEMORIA HISTÓRICA EN VIGO


Na mañá do 15 de setembro de 1936, en Cabral, a 300m. do cemiterio de Puxeiros, foron atopados, esparexidos nas dúas gabias da estrada, asasinados a balazos polos fascistas os corpos de:

MARCIAL ARAÚJO CONDE
EUGENIO ARBONES CASTELLANZUELO
LUÍS BILBATÚA ZUBELDIA
SEGUNDO ECHEGARAY GARCÍA
ADOLFO MORGADE PAZOS
ABRAHAM MUÑOZ ARCONADA
INOCENCIO TABOADA MONTOTO

Soubose inmediatamente que os falanxistas foran a noite anterior a sacalos da cadea de Vigo, onde estaban presos, para levalos a tan arrepiante viaxe.

É intención da Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36, perpetuar mediante monumentos, pracas, etc, os lugares que na nosa cidade foron testemuñas do terror e da barbarie fascista como lembranza e homenaxe a todas as persoas que a padeceron e como sinais da historia de Vigo para as novas xeracións.

Con tal motivo, a Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36, convídaos aos seguintes actos:

CONFERENCIA: "Acontecementos en Vigo despois 18 de xullo do 36", a cargo do historiador Xan Carlos Abad Gallego, no MARCO (rúa do Príncipe), o mércores, 12 de setembro ás 20h.

ACTO HOMENAXE: Sábado 15 de setembro ás 19 h. en Cabral á altura do colexio Marcote. Terá lugar a inauguración dun monumento, obra de Ricardo Arias Alén, en homenaxe ás vítimas.

Organiza: Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36

jueves, 6 de septiembre de 2007

CARTA ABERTA DO GRUPO PRO REVISIÓN DO PROCESO GRANADO - DELGADO

O que nos debe preocupar de verdade, a nós y a tódolos colectivos de memoria histórica, é que as persoas “que perderon o dereito ao recoñecemento despois da guerra” poidan obter XA o recoñecemento dos dereitos que por diversas “razóns” administrativas non lles foron recoñecidos ata agora. De ahí que a nosa principal esixencia deba ser agora a de instar ao Goberno e mailos Grupos parlamentarios a facelo posible XA. As súas cobardías e demagoxias quedaron suficientemente en evidencia ao longo deste proceso de recuperación da memoria histórica. Un proceso que lles obligou a asumiren, despois de tantos anos de amnesia, a debeda moral e política que tiñan coas víctimas da represión franquista. Esta debeda non será totalmente saldada coa declaración institucional de “ilexitimidade”, do tribunal que condeou a moitas destas víctimas, e de “inxustiza”, para aquelas que foron condeadas sen xuizo; pero tampouco se salda con considerar este recoñecemento insuficiente.

Mais información en Rojo y Negro Digital

domingo, 2 de septiembre de 2007

20 MINUTOS E 33 ANOS DESPOIS DA EXECUCIÓN DE SALVADOR


"Levamos loitando desde aquel día ata hoxe, 33 años. Sabemos que temos que continuar ata que un día ou outro se recoñeza a profunda inxustiza cometida cando o 2 de marzo de 1974 o verdugo atornillaba o garrote". Esto afirma Carmen, unha de las irmás de Salvador Puig Antich, nunha reportaxe de Natalia Junquera en El Pais, do pasado sábado,1 de setembro.

NOVAS EXHUMACIÓNS DE FOSAS, AGORA EN PONTEAREAS

O vindeiro luns comeza o levantamento de dúas foxas que se atopan nos adros das igrexas das parroquias de Xinzo e de Areas, en Ponteareas. É a primeira vez que se realizan labores de exhumación en territorio eclesiástico.

Mais información en A Peneira Dixital

FINOU O GUERRILLEIRO LIBERTARIO JOSÉ MORENO SALAZAR

Finou en Alcázar de San Juan, o pasado 1 de setembro, José Moreno, último guerrilleiro libertario andaluz. Nado en Bujalance (Córdoba), coñeceu a guerra e cando entraron as tropas franquistas fuxiu para evitar a morte. Preso en diferentes cadeas, conseguiu evadirse e se uniu á guerrilla. Con moitos outros compañeiros anarquistas pasou anos de loita nas serras de Andalucía e La Mancha. Perseguido e traizoado, foi apresado e pasou unha longa tempada na cadea ata conseguir evadirse. Daquela comezou unha longa época de clandestinidade, fuxidas e dificultades, pero sobreviviu no interior ata a morte do dictador. Nunca esqueceu o ideal anarquista, e dedicou os seus últimos anos a dar a coñecer a traxedia do franquismo e a esixir a recuperación da memoria das súas víctimas.

¡ Que a terra sexa leve !

Mais información en Memoria Libertaria

sábado, 1 de septiembre de 2007

NOVO ATAQUE CONTRA A MEMORIA HISTÓRICA EN CERDEDO

A familia Manuel Gutiérrez Torres, ex-alcalde franquista de Cerdedo e antigo xefe local da Falange, interpuxo unha nova demanda por suposto atentato á honra do seu familiar. Como na anterior denuncia, contra o historiador Dionisio Pereira, a razón da denuncia está na afirmación da relación deste suxeito coa represión franquista, na páxina web persoal do investigador Alfredo González Ruibal.

Mais información en "A Peneira Dixital"