lunes 17 de diciembre de 2007

PRESENTADO NA CORUÑA O DOCUMENTAL "O RESPLANDOR DAS ATOCHAS"


O pasado venres, 14 de decembro, Lúa Filmes e a Comisión pola recuperación da Memoria Histórica da Coruña presentaron nun acto público o documental O RESPLANDOR DAS ATOCHAS, que nace despois do roteiro realizado hai uns meses polo barrio das Atochas-Monte Alto, lembrando a represión franquista hai 70 anos neste barrio coruñés, coñecendo ás vítimas, represaliados e familiares, e entrando na vida e organización do barrio fronte á represión franquista. Os relatos van desvelando a memoria, achegando os recordos dolorosos que perviven protexidos polo paso do tempo. Era cando a fraternidade, a igualdade e a liberdade enchían a vida.
O documental, que ten unha duración de 45 minutos, está dirixido por Jorge Gil, producido por Lúa Filmes, IACE, S.L., en colaboración con Televisión de Galicia e a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.

jueves 13 de diciembre de 2007

DESESTIMADA A DENUNCIA CONTRA O HISTORIADOR DIONISIO PEREIRA

Un xulgado da Estrada desestimou a denuncia que a familia de Manuel Gutiérrez Torres, ex alcalde franquista de Cerdedo e xefe da Falanxe na localidade, tiña presentado contra o historiador Dionisio Pereira. Os familiares acusaban ao historiador de que un estudo seu sobre a represión na comarca de Terra de Montes constituía un atentado contra a súa honra, a pesar de que Dionisio Pereira aportaba datos que vinculan ao ex alcalde coa represión e violencia que se produciu tralo golpe militar de Xullo de 1936. No propio xuízo, celebrado o pasado día 2 de outubro, o fiscal non apreciou motivos para a demanda civil e o xulgado ven de ratificar esta opinión.

Nova completa en Vieiros e Memorialibertaria.org

miércoles 12 de diciembre de 2007

MEMORIA LIBERTARIA. NOVEMBRO E DECEMBRO 2007

Están disponibles en internet para a súa lectura os números correspondentes aos meses de novembro e decembro de 2007 da publicación memorialibertaria.org da Confederación Xeral do Traballo (CGT)

LEI DE MEMORIA HISTÓRICA: UN NOVO PACTO POLO ESQUECEMENTO E A IMPUNIDADE DO FRANQUISMO

Chamamento da CGT á movilización social.
A CGT ratifícase punto por punto na valoración que xa fixo desta Lei de Memoria Histórica aprobada definitivamente agora polas Cortes Generales o día 10 de decembro de 2007, xa que, se renuncia á Verdade, á Xustiza e o respeto aos Dereitos Humanos das víctimas da dictadura franquista.
A CGT manifesta públicamente o seu mais absoluto rexeitamento a esta Lei e se rebela ante a mesma, non asumindo que con ela se pecha e queda saldada a debeda que a democracia ten ainda pendente coas víctimas do réximen franquista e déste coa Historia.

Comunicado completo da CGT: "Ley de Memoria Histórica: un nuevo pacto por el olvido y la impunidad del franquismo", en memorialibertaria.org

sábado 8 de diciembre de 2007

ARTIGO DE RAFAEL CID: De Memoria y Resistencia (el caso Scala, por ejemplo)

Máis aló do tempo e as xeracións, está a memoria. A memoria que é experiencia contrafáctica do esquecemento porque conleva duración. Por iso existe un interese esaxerado, ou sexa mais alá do intelectualmente razoable, de catalogala como unha dimensión exclusivamente individual. Os poderes fácticos, o sistema establecido, a ideoloxía dominante que se ambiciona como pensamento único, pretenden encorsetala, facer dela un acto íntimo, na lóxica do monadismo que tantos réditos está a proporcionar ao neoliberalismo.

Extracto do artigo de Rafael Cid titulado "De Memoria y Resistencia (el caso Scala, por ejemplo)" que podes atopar completo en "Rojo y Negro Digital"

ENCONTRO DE GRUPOS DA MEMORIA LIBERTARIA

A Confederación Xeral do Traballo (CGT) e mais a Fundación Salvador Seguí (FSS) organizan en Valencia o vindeiro 15 de decembro un ENCONTRO de GRUPOS da MEMORIA LIBERTARIA, aberto á participación de Grupos de Memoria Libertaria, participantes da Comisión de Memoria Libertaria, persoas de forma individual que pertenezan ao ámbito libertario que estean interesadas na Recuperación da Memoria Histórica Libertaria, e toda a militancia e afiliación de CGT. Se celebrará o Encontro nos locais confederais da avenida do Cid, 154 de Valencia.
Despois da experiencia das Xornadas Libertarias, que se están a desenvolver por todo o estado durante os anos 2006 e 2007, celebradas arrededor da obra constructiva da Revolución, con motivo do 70 aniversario do 19 de Xullo de 1936, organizase este Encontro centrado na Historia e Memoria da Revolución Libertaria, có fin de reflexionar de forma coral sobre estos temas, que son parte fundamental da Memoria Histórica. Con este proyecto no sólo se quere recuperar a memoria do Movimiento Libertario a través da difusión da obra constructiva da Revolución Libertaria, senon propiciar a reflexión sobre a memoria histórica, colectiva e social.
Durante as Xornadas haberá unha exposición de documentación sobre a Memoria da Revolución (con materiais da FSS) e servicio de libraría.
Este Encontro organizase no contexto das IX Xornadas Libertarias sobre Historia e Memoria da Revolución Libertaria, que se celebrarán en Valencia do 10 ao 15 de Diciembre de 2007.
O programa e o cartaz se atopan na web memorialibertaria.org