O sábado, 12 de abril de 2008, ás 19,30 horas no lugar do Portiño, na Coruña, terá lugar a inauguración do monumento aos mortos do Portiño. Un monumento que responde ao compromiso da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) da Coruña no transcurso dos actos que se celebraron para lembrar ás persoas vítimas da represión franquista cando o 3 de marzo de 1937 tentaban fuxir desde o Portiño. É unha obra do escultor Pepe Galán e leva os nomes das 19 vítimas que morreron afogados ou fusilados.
Ademais, ese mesmo día terá lugar a Cea da República, no Restaurante Fontenova, na Avda, Fisterra, despois do ambulatorio do Ventorrillo, aberta a todo o mundo, e que continua coa tradición que iniciada o ano pasado. O prezo é de 18 euros.
Podedes confirmar a vosa asistencia, indicando nome e número, en crmhacoruna@gmail.com
miércoles, 26 de marzo de 2008
Novo libro sobre Voluntarios Arxentinos na Guerra Civil
O Grupo de Historia desde Abajo é autor dun libro sobre os Voluntarios de Arxentina na Guerra Civil Española que será editado no mes de Abril/Maio polo Centro Cultural da Cooperacion en Bos Aires. No libro téntase retratar o estudo dos voluntarios arxentinos na historiografia local e internacional, como a analise propia deste grupo de latinoamericanos. Describese desde o seu recrutamento, a súa orixe social, as ideas, a súa participacion nos frentes, o seu regreso, as actividades desenvolvidas na sociedade arxentina, xunto a tódala tarefa solidaria que se desenvolveu desde a Arxentina durante a guerra civil. Concluiese cun listado descriptivo, de 540 voluntarios arxentinos que participaron na Guerra Civil, con detalles como data de nacemento, ocupacion, tarefa desenvolvida en España, e unidade na que combatiron, así como fotografias ineditas sobre estes voluntarios arxentinos completan. Esta obra finaliza unha etapa de investigacion con enormes froitos, entre o que se destaca o de lembrar a estos voluntarios, tan esquecidos pola historia.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)