A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) enviará una moción ao Alcalde e a todos os grupos municipais para o seu debate e aprobación polo Pleno da corporación municipal sobre a recuperación da memoria histórica, a retirada de símbolos e o recoñecemento ás víctimas.
A CRMH da Coruña xa presentara outra proposta, tratada no Pleno de 2 de abril de 2007, conxuntamente con CIG, CCOO, CNT, CGT, Foro da Memoria, Fundación 10 de Marzo, Agrupación Cultural Alexandre Bóveda e Agrupación Cultural O Facho. Levouse ao Pleno do 2 de abril de 2007, que non puido debaterse porque non tivo o apoio do PSOE e PP.
Mais información en Xornal
jueves, 31 de enero de 2008
miércoles, 30 de enero de 2008
PRESENTACIÓN DO LIBRO "CANTEIROS DA TERRA DE MONTES NO EXERCITO POPULAR DA REPÚBLICA. ALBUM DE GUERRA"
O vindeiro sábado 2 de Febreiro,na Antiga Cámara Agraria de Cerdedo, ás 19 h 30, terá lugar a presentación do libro "Canteiros da Terra de Montes no Exército Popular da República. Album de Guerra", do que son autores Rogelio Arca Rivas e Dionísio Pereira.
A presentación está organizada pola Asociación Ecoloxista e Cultural de Terra de Montes “Verbo Xido” e a Editorial “Difusora de Letras, Artes e Ideas” de Ourense. Ademáis dos autores, tamén participarán Xurxo Pantaleón, do Proxecto Interuniversitario “As Vítimas, Os Nomes, As Voces”, Xavier Paz, de “Difusora de Letras, Artes e Ideas”, Claudio Rodríguez Fer, poeta e profesor da Universidade de Santiago, e mais un representante da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia
Se proxectará unha colección de fotografías dos canteiros da Terra de Montes que participaron na defensa do Madrid republicano no ano 1937.
Este libro é froito das vivencias de Rogelio Arca Rivas, canteiro Cerdedo e membro das Milicias Confederais que foi recollendo nun Diario de Guerra e 40 fotografías.
Mais información en Vieiros

lunes, 14 de enero de 2008
EXPOSICIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA EN SIGÜEIRO
Do 16 ao 30 xaneiro 2008, de luns a sábado de 17:00 a 21:00 h., no Multiusos de Sigüeiro, ao lado da Casa do Concello de Oroso, terá lugar unha Exposición de documentos, libros, fotos, carteis, símbolos, imaxes en DVD, paneis informativos… da época da Segunda República, Represión e Resistencia antifranquista na Comarca de Ordes.
Mércores, 16 de xaneiro a partir das 20:00 h.
- Inauguración da Praza Isaac Díaz Pardo en Sigüeiro, ao lado da Casa do Concello.
- Inauguración da Exposición da Memoria Histórica cunha conferencia de Xesús Alonso Montero e a testemuña oral de Isaac Díaz Pardo.
Mércores, 23 de xaneiro a partir das 20:30 h.
- Conferencia de Uxío-Breogán Diéguez Cequiel
- Testemuña Oral de Avelino Pousa Antelo
- Conferencia de Bernardo Máiz Vázquez
Mércores, 30 de xaneiro a partir das 20:30 h.
- Conferencia de Manuel Pazos Gómez
- Conferencia de Xosé Luis Rivas “Mini”
- Clausura da Exposición coa actuación musical de MINI e MERO
Os actos están organizados pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ordes co patrocinio da Xunta de Galicia e a colaboraciónn de: A.C. Obradoiro da História, Ediciós do Castro, Grupo Isaac Díaz Pardo, Ateneo Republicano de Galicia, A Revoltaina Cultural da Beira de Bergantinhos, e Fundación 10 de Marzo

viernes, 11 de enero de 2008
75º ANIVERSARIO. CASAS VIEJAS: 1933 – 2008
Foi o 11 de xaneiro de 1933, cando os habitantes de Casas Viejas (Cádiz) decidiron que tiña chegado o momento de rematar con tanta injustiza e explotación como sufrían. Proclamaron o comunismo libertario e, durante un breve periodo de tiempo, dominaron o pobo.
Podes ler o artigo completo de Cecilio Gordillo en "Memorialibertaria.org"
Podes ler o artigo completo de Cecilio Gordillo en "Memorialibertaria.org"
EXPOSICIÓN "AS COLECTIVIZACIÓNS DE EMPRESAS EN CATALUNYA (18 de xullo de 1936/ xaneiro de 1939)
Desde o pasado día 4 de xaneiro de 2008 ata o vindeiro 29 de febreiro podese visitar nos locais da Federación Local de Barcelona da CGT a exposición "Les col.lectivitzacions d’empreses a Catalunya.(18 de juliol 1936/ gener 1939)"; exposición preparada polos compañeiros do Centro de Estudios Sociolaborales (CESL) en colaboración entre outros coa Secretaría de Comunicación da CGT de Catalunya. Esta exposición estivo exposta o pasado outono na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Barcelona, onde recibiu gran número de visitas servindo de marco a unha serie de interesantes conferencias e debates.Mais información en "Memorialibertaria.org"
Suscribirse a:
Entradas (Atom)