viernes 18 de abril de 2008
Técnicos da Xunta inspeccionan o Pazo de Meirás
Os técnicos da Consellería de Cultura entraron onte no Pazo de Meirás co obxecto de realizaren unha inspección para ser declarado BIC. O Pazo ainda é propiedade dos herdeiros de Franco e foralle "regalado" ao Dictador tras ser mercado os descendentes de Emilia Pardo Bazán a base de aportacións pseudo-voluntarias, o 5% das recadacións das contribucións dos concellos da provincia, coaccións e ameazas aos colindantes, ...
A CRMH da Coruña ten anunciado movilizacións ante o próximo uso do Pazo para un acto privado da familia Franco.
Mais información en CRMH da Coruña , Público, La Voz de Galicia, La Opinión de A Coruña, e El Pais (edición Galiza)

Memoria Libertaria. Marzo e Abril de 2008
jueves 17 de abril de 2008
A verdade de ’Las Marías’

Un filme documental de Xosé Rivadulla Corcón aborda a historia de Coralia e Maruxa, as irmás Fandiño. Na súa elaboración contou con testemuñas de persoas como Encarna Otero, Xosé Luis Bernal ou Dionisio Pereira.
Mais información en Memorialibertaria.org e El Pais (edición Galiza)
Heroes Anónimos
A compañeira Enriqueta Borras, Irma, ten editado conxuntamente coa Secretaría da Muller da CGT o libro titulado "Herois Anònims", un libro que recolle a memoria das mulleres encadeadas logo da Guerra Civil. A obra contén documentación histórica, fotografía e outros recordos e vivencias da cadea de mulleres de Barcelona.Os exemplares pódense mercar nos locais sindicais da CGT en Barcelona, na Vía Laietana nº 18.
Mais información en Memorialibertaria.org
"Enciclopedia Histórica del Anarquismo Español"
Esta obra, que triplica a anterior titulada "Esbozo dunha Enciclopedia Histórica del Anarquismo Español", inclue mais de 3000 ilustracións en dous volumes a tres columnas e estará publicada a finais de maio. Ten un prezo en pre-edición de 60 €.
A publica a Asociación Isaac Puente de Vitoria-Gasteiz e podes colaborar á financiación por transferencia bancaria, xiro postal ou mesmo talón.
Mais información en Memorialibertaria.org e na páxina web do proxecto

Suscribirse a:
Entradas (Atom)