O próximo domingo, día 1 de xuño, ás 12:00 horas, no cemiterio de San Amaro da Coruña, terá lugar unha ofrenda floral organizada por este sindicato en memoria das vítimas na folga xeral (a folga dos “consumeros”) que tivo lugar na Coruña os días 30 e 31 de maio e día 1 de xuño de 1901.
A ofrenda terá lugar no monolito levantado polas sociedades obreiras e sufragado por subscrición popular no ano 1906 e que está situado dentro do cemiterio.
martes 27 de mayo de 2008
A folga de 1901
A finais de maio de 1901, os empregados de consumos da Coruña declararonse en folga para conseguiren unha serie de melloras laborais. Eran os consumeiros, que así se chamaban, os encargados de recadar os impostos municipais de consumos, función que estaba cedida a un particular, do que eran empregados. Decretada a folga, ésta foise extendendo a toda a cidade, que pouco a pouco, quedou en mans da comisión de folga: non había transporte, nen coches de punto nen líñas regulares, suministros ou incluso as fontes eran taponadas durante varias horas ao día, para que só puidera suministrarse auga ás familias traballadoras e aos colexios e hospitais.
Na tarde do 30 de maio, cando se celebraba unha concentración ante o fielato de Catro Camiños, no que estaban traballando esquirois, prodúxose o asasinato do empregado de consumos Mauro Sánchez por parte da Garda Civil, presumiblemente por se resistir á súa detención. Inmediatamente, a folga se tornou en revolucionaria e o enterro do traballador, o día 31, transformouse nunha impresionante manifestación antiburguesa. Unha inxente multitude dispúxose a acompañar ao consumeiro na súa derradeira viaxe, pero as autoridades militares (se tiña decretado a lei marcial) non estaban dispostas a consentiren tal desafío ao seu poder. En pleno centro da cidade, as tropas dispararon a quemarropa contra a multitude, causando víctimas entre os traballadores e traballadoras que nela había. O resultado foi a morte de oito persoas mais e varios mutilados pola acción dos sables, balas e cabalos da tropa.
Non contentos con tal canallada, o Capitán Xeral, un individuo chamado Lachambre e coñecido na Coruña como o amigo do frasco da xinebra, comezou a deter a traballadores a partires do dous de xuño, conseguindo coa súa fazaña que mais de cen foran condeados, en consello de guerra, a penas de entre cinco e vinte anos de cadea.
Ante o escándalo internacional, os militares xulgaron nun tribunal de honra ao tenente Pedro Vázquez, que mandaba a tropa, que foi condeado á súa expulsión do corpo. Non entendendo cecais o alcance da xustiza militar, aos poucos días, o compañeiro anarquista Ricardo Cotelo disparou contra o tenente, pero este librouse polos pelos, fuxindo entre unha persecución na que interviron varias mulleres que pasaban polo lugar.
Catro traballadoras e cinco traballadores coruñeses morreron naquelas xornadas. Na súa lembranza, as sociedades obreiras coruñesas, por suscripción popular, erixiron en 1906 un monumento no cemiterio de San Amaro, que ainda existe.
Os asasinados foron os seguintes:

- Mauro Sánchez: consumeiro de 34 anos. Vivía coa súa muller e cinco fillos na estrada da Torre. Morto por bala na cabeza.
- Benita García Torres e Manuela González Seijo: serventas do Hotel de Francia de 20 e 29 anos respectivamente. Mortas dun balazo no ventre cando estaban asomadas nunha galería.
- Concepción Alonso,
- Josefa Corral: 42 anos. Un balazo na cabeza cando estaba sentada na galería da súa casa en San Andrés.
- Antonio Bruno Orro: Augador. Recibiu un balazo no peito en San Andrés.
- Antonio M.ª Veiga: Ancián carpinteiro. Morreu no hospital tras recibir un balazo na Rúa Real.
- Francisco García Lodeiro, alias Carabel: Aserrador de 35 anos. Natural de Mabegondo. Morto por un balazo no ventre na Rúa Alta.
- Jacobo García: Zapateiro. Escondeuse no local da Sociedade de Oficios Varios da rúa Cordelería e morreu dun balazo.
- Encarnación Alonso: Non se ten mais información que a de que o seu nome aparece no monolito. Probablemente faleceu mais tarde como consecuencia das feridas.
jueves 15 de mayo de 2008
Conferencia de Lucio Urtubia dentro das Tardes Libertarias que organiza o Ateneo Libertario "Lume Negro" de Ponteareas

Lucio Urtubia será un dos protagonistas das Tardes Libertarias que se celebrarán do 30 de maio ao 1 de xuño en Ponteareas. O albanel anarquista que puxo en xaque ao sistema capitalista na década dos 80 ofrecerá unha conferencia no auditorio Reveriano Soutullo o 31 de maio na que achegará aos asistentes a súa experiencia vital.
Antes da conferencia, o auditorio ponteareán acollerá a proxección de Lucio, o documental dirixido por José M.Goenaga e Aitor Arregui no que ambos directores mostran a vida de Lucio Urtubia a través de unha vintena de entrevistas a persoas vinculadas ao anarquista, entre as que destacan a do propio Lucio, a da súa familia e a de Bernard Thomas, o seu biógrafo e autor do libro Lucio. El anarquista irreductible. A película que se pasará en Ponteareas foi finalista no Festival de Cine de San Sebastián na categoría de documentais nesta pasada edición.
As Tardes Libertarias, organizadas polo Ateneo Libertario Lume Negro, abriranse o 30 de maio no auditorio coa estrea da representación ateatral A memoria das palabras, que será posta en escea polos propios membros do ateneo. A obra está artellada ao redor de frases pronunciadas por destacados personaxes da historia sobre relixión, política, poder, franquismo, liberdade e educación. Ademais, ese mesmo día tamén vai actuar o Coro Libertario de Vigo e proxectarase a curtametraxe "Quico Sabaté".
As Tardes Libertarias contarán ademais coa presenza do historiador Dionisio Pereira que pronunciará a conferencia A Galiza libertaria antes do 36. O acto, que terá lugar o domingo 1 a partir das 18 horas no auditorio Reveriano Soutullo, serviralle ao especialista e autor de libros como A CNT na Galiza: 1922-1936 ou Sindicalistas e rebeldes: anacos da historia do movemento obreiro na Galiza para reflexionar sobre a situción que atravesou o anarquismo antes do golpe de estado de 1936.
O Ateneo Libertario Lume Negro, despois de máis de catro anos de actividad, pon en marcha estas actividades coa intención de servir de punto de encontro e de reflexión sobre as ideas libertarias dende unha perspectiva histórica pero tamén actual, facendo fincapé sobre a súa vixencia hoxe en día.
Así, o domingo 1 de xuño celebrarase no Reveriano Soutullo a mesa redonda Colectivos alternativos hoxe, na que participarán Precarias en loita, PreSOS Galiza e o Centro Social Autoxestionado O Fesco, e na que se reflexionará sobre as súas experiencias.
Precarias en loita é unha na que participan persoas individuais próximas aos centros sociais vigueses ‘A Cova dos Ratos’ e ‘Revolta’, así como da ‘A. X. Luar’ ou ‘G.A.S.’ e membros doutros movementos de base locais. A finalidade da mesma é procurar xeitos de denuncia e resistencia fronte á precariedade laboral e social do sistema produtivo imperante.
Presos Galiza, un grupo constituído en 1990 no barrio de Vite por persoas, que pelexan contra o cárcere, os tratos inhumanos e degradantes, a exclusión social e calquera forma de privación de liberdade. Ofrecen asesoramento gratuito, apoio as familias, e denuncian as inxustizas carcelarias.
Centro social au-toxestionado O Fresco: Proxecto de autorganización xuvenil asambleario e horizontal que pretende ser un espazo de encontro para a difusión da cultura sen censuras para comezar a construir un mundo de persoas libres, que apliquen os principios revolucionarios de liberdade.
viernes 2 de mayo de 2008
Proxección de "O Resplandor das Atochas"

O vindeiro domingo, 4 de maio, ás 19 horas no LSO en Atocha Alta, nº14, terá lugar a proxección de filme documental "O RESPLANDOR DAS ATOCHAS" do ano 2007, de Jorge Gil.
O acto contará coa presenza de Jorge Gil (director do traballo), Mariquiña Villaverde (filla do anarquista José Villaverde), Eliseo Fernández (historiador), Fernando Souto e Rubén Afonso (CRMH) máis a posibilidade de Manuel Rivas (escritor, xornalista).
Suscribirse a:
Entradas (Atom)