O Museo Provincial de Lugo acolle “A ditadura franquista: 40 anos de represión e resistencia” con relatorios, un vídeo-foro, unha mesa redonda e unha exposición, complementadas con diversas actividades:
Mércores, 14 de xaneiro, 20 horas, no Refectorio do MPLugo
Relatorio: “A represión da masonería galega durante o franquismo”, por Carlos Pereira Martínez
Xoves, 22 de xaneiro, 20 horas, na Sala de exposicións do Pazo de San Marcos
Inauguración da exposición: “40 anos de represión e resistencia” coa actuación do grupo de teatro Daboapipa
Mércores, 28 de xaneiro, 20 horas, no Refectorio do MPLugo
Vídeo-foro: Intervén Francisco Martínez López “Quico”, guerrilleiro antifranquista e proxectarase o docu-drama “Guerrilleiros ou bandoleiros”, de Antón Grande.
Xoves, 29 de xaneiro, 20 horas, no Refectorio do MPLugo
Mesa redonda: “A participación da muller na loita antifranquista” coa intervención de militantes das organización clandestinas da oposición contra a ditadura.
Mais info: Exposición e ciclo de conferencias: A ditadura franquista (40 anos de represión e resistencia)
MEMORIA LIBERTARIA NA GALIZA
martes, 13 de enero de 2015
domingo, 28 de diciembre de 2014
Entrevista a Heleno Saña en "Rojo y Negro"
"Rojo y Negro" a publicación da CGT publica unha entrevista ao filósofo Heleno Saña. Fillo dun militante da CNT e membro dos ateneos enciclopédicos populares, o filósofo Heleno Saña (Barcelona, 1930) bebeu moi pronto das fontes anarcosindicalistas. Pasou a infancia en Mataró, onde estaba a cooperativa “Forn del Vidre” (fundada en 1919) e onde o seu pai trabou amizade có histórico militante da CNT Joan Peiró (segretario xeral do sindicato nos anos 20 e ministro de Industria entre novembro de 1936 e maio de 1937).
Entrevista en Rojo y Negro
Entrevista en Rojo y Negro
"De toda la vida". Documental sobre Mujeres Libres
"De toda la vida" (Lisa Berger y Carol Mazer, 1986) é un documental sobre a organización Mujeres Libres que narra, a través de entrevistas, a súa participación na guerra civil española e a súa loita día a día como anarquistas e como mulleres, na guerra e na revolución. As protagonistas falan sobre cómo se involucraron na guerra, sobre as súas relacións con outras organizacións anarquistas e sobre a súa vida desde entón. Décadas despois, Mujeres Libres é aínda un modelo de feminismo revolucionario.
jueves, 4 de diciembre de 2014
Congreso sobre Hildegart Rodríguez Carballeira en Ferrol
En coincidencia co centenario do seu nacemento, o Ateneo de Ferrol acolle os días 6, 7 e 9 de decembro un Congreso sobre Hildegart Rodríguez Carballeira.
Mais info: http://congresohildegart.ateneoferrolan.org/
Mais info: http://congresohildegart.ateneoferrolan.org/
jueves, 6 de noviembre de 2014
Arte y Anarquía - Documental
"Arte y Anarquia" es un documental producido pola Fundación de Estudios Libertarios Anselmo Lorenzo, con dirección de Emilio García Weidemann, que presenta a relación entre algúns grupos artísticos de vangarda (expresionismo, futurismo, dadaísmo, surrealismo, ...) e o movemento anarquista, facendo unha reflexión sobre o papel do artista na transformación da sociedade. O documental reúne imaxes das obras de decenas de artistas e citas de manifestos artísticos en prol da liberdade.
martes, 17 de junio de 2014
Homenaxe a Concha Liaño. In Memoriam
Separata adicada á Concha Liaño por "Rojo y Negro", a publicación que é voceiro da CGT.
Descarga a separata, premendo na seguinte ligazón: Homenaxe a Concha Liaño. In memoriam
Descarga a separata, premendo na seguinte ligazón: Homenaxe a Concha Liaño. In memoriam
Actos programados pola CGT en Valencia para el 35 Aniversario do asasinato de Valentín González.
O vindeiro 25 de xuño se cumplen 35 anos da morte de Valentín González Ramírez, traballador do Mercado de Abastos de Valencia, militante anarcosindicalista de 20 anos de idade. Foi asasinado dun disparo a bocajarro da Policía Nacional durante a Folga legalmente autorizada en defensa das reivindicacións da clase traballadora.
Por iso, a Confederación e especialmente o sindicato de Transportes, Comunicaciónes e Mar da CGT (antes Sindicato de Transportes de CNT) en Valencia está a ultimar os detalles dos actos que lembrarán estes feitos.
Actos programados:
Mércores 25 de xuño de 2014, ás 12:30: Concentración-Homenaxe ao compañeiro Valentín, na entrada principal do Antigo Mercado de Abastos (C/ Alberic, Valencia).
Mércores 25 de xuño de 2014, ás 19:00: Charla “Valentín González 35 años después, Transición versus Represión” con José Manuel Muñoz Póliz, Antonio Pérez Collado, Paqui González y Ricard Camil Torres. En el CCC Octubre (C/ Sant Ferran, 12, Valencia)
Mais info: http://www.cgtvalencia.org/accio-social/20140614/actes-programats-per-la...

Suscribirse a:
Entradas (Atom)