miércoles, 4 de abril de 2012

Finou en Oleiros, Rosario "La Carbonera"

O pasado 9 de marzo de 2012 finou en Oleiros (A Coruña), María Rosario Pérez García, coñecida como Rosario "La Carbonera", á idade de 95 anos.
Rosario era unha traballadora nada en Sevilla (onde a súa familia rexentaba un despacho de carbón, e por iso o alcume), compañeira do militante confederal Manuel "El Madrileño".
Logo do triunfo da sublevación fascista na capital andaluza, escapan á serra onde se unen á columna confederal "Francisco Ascaso", pero Rosario é capturada e encarcelada xunto ao seu fillo pequeno para ser logo canxeada por familiares de militares fascistas. Consiguen huir á Franza e logo a América Latina, de onde regresarán en 1975, asentándose primeiro en Andalucía e logo en Galicia. Manuel finou en 2005 e a súa compañeira Rosario en 2012.

Non esquecemos a súa loita !!!

Máis información: Ha fallecido Rosario "La Carbonera" en Memorialibertaria.org

martes, 21 de febrero de 2012

Documental: El cine libertario

Documental emitido pola canle La 2 de RTVE:
El momento estelar de la cultura audiovisual en España surgió de la nada, en los años 30, y ya no ha vuelto a repetirse nada igual. El trabajo muestra cómo entre 1936 y 1938, y a pesar de la guerra, se rodaron películas de muy variada temática, dando lugar a uno de los momentos más insólitos y originales de la cinematografía española. En la Filmoteca se guardan las joyas revolucionarias que habrían marcado un futuro distinto del que hoy conocemos para nuestro cine, de no ser por el franquismo.'El cine libertario. Cuando las películas hacen historia' fue candidata a Mejor cortometraje documental en los Premios Goya 2011.
Pódese visionar o documental facendo click na seguinte ligazón:
El cine libertario. Cuando las películas hacen historia.

jueves, 12 de enero de 2012

Presentación do libro "As mulleres na guerrilla antifranquista galega"

O xoves, 19 de xaneiro de 2012, ás 20’00 h. terá lugar a presentación do libro "As mulleres na guerrilla antifranquista galega" da historiadora Aurora Marco, organizada pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.
O acto se celebrará na sala de prensa da Fundación Caixa Galicia, Rúa da Estrela, 23-24, A Coruña, e ne transcurso do mesmo intervirán a autora Aurora Marco, Francisco Pillado Maior, da editorial “Laiovento”, e María Teresa Martinez, en representación da Comisión pola Recuperación da Memória Histórica da Coruña.
Tamén se proxectará unha escolma do documental “Silenciadas”, de Pablo Ces.

domingo, 12 de junio de 2011

"Vivas en nós"

Baixo o título "Vivas en nós, Mulleres represaliadas polo franquismo na Coruña a raíz de 1936" a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña ten editado unha obra que reune fotografías e textos en prosa de Carmen Blanco e poemas de Claudio Rodríguez Fer para lembrar os rostros, as vidas e os nomes de moitas das mulleres que sufriron a forte represión que se produxo logo da sublevación fascista de 1936. Nomes e vidas como os das mulleres libertarias Sebastiana Vitales, Consuelo Meitin ou Basilisa Álvarez que xunto a moitas outras deixaron a súa pegada de loita e dignidade ata os nosos tempos.

viernes, 3 de junio de 2011

Lembranza das vítimas da represión da folga xeral de 1901 na Coruña

Como cada ano, o vindeiro domingo, día 5 de xuño, ás 12:30 horas, no cemiterio de San Amaro da Coruña, terá lugar unha ofrenda floral organizada pola CGT da Coruña en lembranza das vítimas da represión na folga xeral (a folga dos “consumeros”) que tivo lugar na cidade da Coruña os días 30 e 31 de maio e día 1 de xuño de 1901.
A ofrenda terá lugar no monolito levantado polas sociedades obreiras e sufragado por subscrición popular no ano 1906 e que está situado no interior do cemiterio.
A continuación, farase outra ofrenda no conxunto escultórico situado na Avenida de Navarra en lembranza dos represaliados polo franquismo.

miércoles, 13 de abril de 2011

5º Aniversario de "Todos los nombres"

Nestes días hai 5 anos (14 de Abril de 2006) que “todos (...) los nombres” pasaba a formar parte diso denominado “a rede”, respondendo así a una onda imparable de “…. querer saber qué ocurriu cos familiares - asasinados e desaparecidos, presos, exiliados, depurados, expoliados, deportados, rapadas e vexadas, etc.-)” nunha época oscura da nosa historia máis recente, aquela que ben sábese a orixe, 18 de xullo de 1936, pero que non se acaba de poñer unha data definitiva e real ao final do franquismo.

Mais información:
Rojo y Negro digital
Web Todoslosnombres.org

Homenaxe a Lucia Sánchez Saornil de Mujeres Libres

O pasado sábado 9 de abril, as compañeiras da CGT de País Valenciá y Dones Lliures de Alacant realizaron unha emotiva homenaxe á poetisa feminista e libertaria Lucía Sánchez Saonil.
Podes visualizar o video e obter mais información en:
Rojo y Negro digital
Web de CGT Pais Valeciá i Murcia