A iniciativa da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica, a Confederación Xeral do Traballo (CGT) da Coruña, xunto con outros colectivos, firmou un manifesto no que se solicita ao goberno local que suprima da cidade a simboloxía franquista.
Explican que, «despois da longa noite de pedra da ditadura, é hora de recuperar a dignidade, derogando todas as distincións honoríficas ás persoas máis significativas do levantamento militar fascistas do 19 de xullo de 1936, e a xustiza, facendo un recoñecemento institucional e público ás vítimas da represión».
Nova en "La Voz de Galicia".