
O venres, día 20 de abril, coa actuación do Coro Libertario "Malasombra e o seu baritón" de Vigo, se clausuraron as Xornadas da Memoria Libertaria "Miguel Carballido" en Pontevedra.
Previamente, o xoves día 19, proxectouse a película francesa "Recursos Humanos" do director Laurent Cantet. O día anterior, mércores 18, o coñecido historiador Dionisio Pereira deunos unha moi interesante conferencia sobre a resistencia libertaria en Galicia contra o franquismo. Moi documentada, como é habitual nél, expúxonos os tres eixes desa resistencia: o sindical, o político e mailo guerrilleiro. Impresiona saber que nos años coarenta a CNT conseguía manter na clandestinidade sindicatos e seccións sindicais e nos quedou a tódolos asistentes moi clara, tamén, a importancia da resistencia libertaria armada ao franquismo.
Tiveron moito interés, tanto a exposición -francamente alabada polos visitantes- como os actos das Xornadas, que contaron con significativa asistencia.
Desexamos que lles resulte tan intersante ou mais se cabe aos compañeiros ourensanos, que a inauguran o próximo luns día 23 de abril no Salón do Ateneo de Ourense.