jueves, 12 de abril de 2007

CLAUSURADAS AS XORNADAS POLA RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA LIBERTARIA

Onte quedaron clausuradas as Xornadas pola Recuperación da Memoria Histórica Libertaria que organizadas pola Confederación Xeral do Traballo (CGT) da Coruña e que se desenvolveron dende o 3 de abril na sé da Fundación Rodríguez Iglesias (Barrié da Maza, 20)
O acto de clausura consistiu nunha moi interesante conferencia do historiador Dionisio Pereira que lembrou a represión sobre a muller libertaria na Galiza e onde volveron a soar nomes que moitos quixeran que tiveramos esquecido: Sebastiana Vitales, Basilisa Pérez, ... moitas mulleres que sufriron a brutalidade do castigo do fascismo por levar un mundo novo nos seus corazóns. Ante un auditorio de mais de medio centenar de persoas, se lembrou a loita das mulleres nos sindicatos, nos ateneos, nas organizacións específicas como Mujeres Libres, ... e se recuperou a memoria do sufrimento da represión coa que foron perseguidas.
Contouse ademais coa colaboración dunha intérprete de lingua de signos que realizou a dificil tarefa de signar o desenvolvemento da conferencia e maila charla posterior.