
Hoxe, no auditorio da sé da Fundación Rodríguez Iglesias, onde se están a desenvolver as Xornadas pola Recuperación da Memoria Histórica Libertaria que organiza a Confederación Xeral do Traballo (CGT) da Coruña tivo lugar a presentación da nova montaxe do documental "Patagonia, utopía libertaria" a cargo do director do filme Xan Leira. Tras unha breve presentación do acto polo secretario xeral do sindicato e o propio director, tivo lugar a proxección que foi seguida dun interesante coloquio de tódolos asistentes co director, onde se trataron non só aspectos concreto do filme ou da vida de Antonio Soto, senon tamén reflexións sobre a continuidade hoxe en día da explotación e a necesidade mais ca nunca de organización dos traballadores para dar cumprida resposta aos abusos patronais.