jueves, 26 de abril de 2007

Presentación en CGT Barcelona do libro de Ferran Aisa "Contrarevolució. els fets de maig de 1937"

O xoves, 26 de maio ás 19,30 horas nos locais da Federación Local de Barcelona da CGT (Via Laietana 18, 9º) se presenta o libro de Ferrán Aisa titulado "Contrarevolució. els fets de maig de 1937".

Hai setenta anos que se produciron en Barcelona uns feitos contrarevolucionarios que acabaron coas aspiracións populares de crear unha nova sociedade mais xusta, mais digna e mais libre. Ferran Aisa mergúllase nos feitos historicos da Segunda República, a revolución de xullo de 1936 e a contrarevolución. Da testimonio da calumnia sistematica, dende a prensa e a tribuna pública contra organizacións como o POUM e maila CNT-FAI, así como investiga o ataque ás realizacións autoxestionarias e ás milicias obreiras por parte dos estalinistas atrincherados no PCE e mailo PSUC.