
Foron unas actuacións policiais que se sucederon dunha tremenda represión no seo da nosa cidade. Foi en 1937, un ano despois do Golpe Fascista, cando tralas pesquisas dun topo, fora case desartellado o anarquismo coruñés. A maioría destas persoas foron mortas, e outras moitas levadas a cadea. Chegouse a deter a xente polo mero feito de vivir no barrio das Atochas.
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña organiza para o vindeiro venres, 4 de maio, ás 20 horas unha CHARLA-COLOQUIO para divulgar estos feitos, no Colexio Curros Enríquez, enriba do Campo de Marte, no barrio de Montealto.
No acto participarán: Carme Blanco, Claudio Rodríguez Fer, Emilio Grandío, Luís Lamela, e Eliseo Fernández, coa moderación de Carlos Velasco.
Ademais, haberá un CONCERTO o venres 11 de Maio no Pub Inox, na Rúa de Orillamar, nº44, a partir das 21 horas. Actuarán os grupos Ruxe-Ruxe e Zenzar.