A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña prosigue a celebrar o aniversario dos sucesos das Atochas, nos que, en 1937, fora desmantelada a extensa rede anarquista coruñesa. Foron unhas actuacións policiais que se sucederon no tempo, dunha tremenda represión, no seo da nosa cidade, e que afectaron especialmente ao barrio obreiro das Atochas e Monte Alto..
Con este motivo, a CRMH d'A C organiza un roteiro que partirá ás 19 horas do Campo da Leña –actual Praza de España- e rematará no Campo de Marte.
Con esta actividade inténtase divulgar os feitos a través dun paseo polos lugares da memoria, para que non podan quedar no esquecemento. Recorreranse as ruas, e lembraranse as casas que habitaron aqueles loables loitadores pola liberdade e que foron vítimas da máis vil crueldade e inxustiza.
O roteiro estará acompañado de actuacións de música tradicional, con "Cántigas da Terra" , entre outros; recitais poéticos, letura de textos ou mesmo dramatizacións que acheguen ao asistente unha idea do que aconteceu no seo da nosa cidade.
Participarán nestes actos os artistas Lino Braxe, Miro Casabella, Xurxo Souto ou Manolo Rivas ; o presidente da Asociación de Veciños Atochas-Monte Alto, David Pena; Manuel Lugrís, o historiador Eliseo Fernández, ou a presidenta da CRMH, Beatriz Gómez Amigo, entre outros.
O acto rematará no Campo de Marte, coa intervención do arquitecto Xosé Lois Martínez.