Proxecto de Investigación ‘As Vítimas os nomes e as voces’.
Santiago de Compostela, do 16 ao 18 de xullo do 2007
Xuntanza de Proxectos de Investigación

A investigación sobre a represión ten avanzado notablemente nos últimos anos. Numerosos proxectos de investigación e de cuantificación das vítimas veñen a ser realizados nos nosos días. O volume de información xenerado comenza a ser non moi doado de abarcar e de dixerir. A realización simultánea de varios proxectos de investigación en distintas comunidades autónomas e provincias do Estado provoca que desde moitas partes se esté a traballar sobre os mesmos obxectivos mais con distintos procedementos.
As xornadas divídense nunha serie de talleres para poñer en común os distintos proxectos e abordar as mesmas desde unha perspectiva dobre: tanto de recoñecemento e desenvolvemento da investigación, como de tentar solventar un dos seus problemas, xa que a represión non coñece fronteiras provinciais nin de comunidades autónomas.
A xuntanza servirá como unha primeira toma de contacto dos distintos proxectos de investigación do Estado para traballar en varias xornadas sobre os diferentes aspectos comúns referentes ao estudo da represión durante a guerra civil e o franquismo. Esta xuntanza ten como obxectivo primordial contribuir á constitución dun interese xeral cara os traballos de investigación e documentación sobre o estudo histórico da guerra civil e a ditadura franquista. Tentaranse esclarecer as moitas sombras que aínda existen sobre os feitos entón acontecidos e, ao tempo, amosaremos o enorme patrimonio histórico e cultural do país doutro xeito abocado a perderse.
Programa do Encontro

Tirado da páxina da Federación Estatal de Foros por la Memoria