Trátase dunha fosa na que poderían atoparse os restos de ata quince loitadores galegos do Batallón Galicia (comandado polo coruñés José Moreno), asasinados o 29 de outubro de 1937 por un grupo de pistoleiros da Falange e da Guardia Civil que será exhumada o vindeiro día 11 no concello da Fonsagrada (Lugo) pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH).
Nova aparecida en La Voz de Galicia (02/08/07)
O militante anarcosindicalista Moreno lideraba un batallón de milicianos galegos que participou en combates en Oviedo, Vizcaya, Santander e León, e tentou regresar á Coruña logo da caída do Frente do Norte, o 20 de octubre de 1937.
O seu obxectivo era chegaren á Coruña para alcanzar a costa francesa utilizando un barco e a infraestructura que aínda conservaba o sindicato anarcosindicalista "Despertar Marítimo" da CNT. Durante a súa fuxida a pe, o grupo, de dez ou once homes, chegou ao alto do Acebo. Tras seren delatados, foron fusilados e sepultados nunha fosa á que, días despois, se botaron os cadáveres doutros catro ou cinco xóves que tamén fuxían de Asturies.
Nova en La Nueva España (02/08/07)