Entre os días 3 e 17 de setembro terá lugar a exposición "A ILLA DA MEMORIA. A REPRESIÓN NO CÁRCERE DA ILLA DE SAN SIMÓN. 1936-1943", no ATENEO DE OURENSE (Curros Enríquez, 1), onde terá lugar tamén a presentación do libro "EPISODIOS DE TERROR DURANTE A GUERRA CIVIL NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA. A ILLA DE SAN SIMÓN", de Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure, que realizarán os propios autores.
Mais información: Memorialibertaria.org