A exhumación de once desaparecidos da Guerra Civil en Grandas anima á búsqueda doutras víctimas da represión, unhas 5.000 en Asturies.
Ese home maior que chora e recita versos arrimado á cuneta dunha estrada remota conxura lembranzas de 1937. Era a hora da derrota para os milicianos galegos que tentaban volver á Coruña tralo afundimento do frente do Norde, a hora da vinganza para os falanxistas que os perseguían. Ninguén sabe con certeza cántos cadáveres deixou tras de sí aquela cacería minuciosa na raia de Lugo. Poderían sumar ata 17, según algunhas testemuñas, ainda que a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) só podo atopar 11 esta semana.
El Comercio Digital (20/08/08)