martes, 14 de agosto de 2007
UNHA BIBLIOTECA NA WEB SE SUMA AO PROXECTO "TODOS LOS NOMBRES"
O compañeiro de CGT Andalucía Cecilio Gordillo, Coordinador do Proxecto “todoslosnombres” nos informa que teñen reconvertido unha sección de www.todoslosnombres.org para darlle cabida á súa biblioteca, a que veñen utilizando como “fonte” principal para que a Base de Datos e Microbiografias tente reflectir aqueles nomes, rostros e historia dos represaliados do franquismo, que se recuperen e manteñan, no tempo, na nosa memoria colectiva. Non están todos, pero pouco a pouco (antes de setembro) tentarase que nesta biblioteca estean o máximo daquelas obras (libros e artigos publicados) que, coa autorización expresa dos seus autores, teñen sido utilizadas para este obxectivo, INFORMAR.