Alexander Berkman naceu na Lituania, fillo dun adinerado home de negocios xudeu. Orfo aos 18 anos, emigrou aos Estados Unidos, onde coñeceu á súa compañeira Emma Goldman, unha inmigrante rusa que daquela traballaba nunha fábrica textil. Influidos polas obras de Johann Most, Berkman e Goldman convertironse en activistas ao implicarse na campaña aprol da liberación dos homes apresados nos feitos de Haymarket de 1886. A partires daquela quedaron vinculados ao movemento anarquista.
A editorial Melusina ten publicado a obra "Memorias dun anarquista en prisión", un libro coas lembranzas da dura realidade da prisión que non se compadecía có su ideario anarquista, un doloroso proceso de aprendizaxe condicionado polas condicións brutais impostas pola vida en prisión.
A historia comeza cando, o 23 de xullo de 1892, Berkman entra na oficina do magnate Henry Clay Frick para matalo. Un asasinato (un attentat)que sería, na tradición libertaria, unha acción política violenta destinada a despertar a conciencia da clase traballadora dos Estados Unidos. Berkman é xulgado e condeado a 22 anos de prisión.
Mais información en Rojo y Negro Digital.