Finou en Alcázar de San Juan, o pasado 1 de setembro, José Moreno, último guerrilleiro libertario andaluz. Nado en Bujalance (Córdoba), coñeceu a guerra e cando entraron as tropas franquistas fuxiu para evitar a morte. Preso en diferentes cadeas, conseguiu evadirse e se uniu á guerrilla. Con moitos outros compañeiros anarquistas pasou anos de loita nas serras de Andalucía e La Mancha. Perseguido e traizoado, foi apresado e pasou unha longa tempada na cadea ata conseguir evadirse. Daquela comezou unha longa época de clandestinidade, fuxidas e dificultades, pero sobreviviu no interior ata a morte do dictador. Nunca esqueceu o ideal anarquista, e dedicou os seus últimos anos a dar a coñecer a traxedia do franquismo e a esixir a recuperación da memoria das súas víctimas.
¡ Que a terra sexa leve !
Mais información en Memoria Libertaria