viernes, 23 de abril de 2010

Conferencia de Eliseo Fernández "A Escola Racionalista na Galiza"


O xoves pasado, dentro das Xornadas sobre Pedagoxías Libertarias que organiza a CGT da Coruña, tivo lugar a conferencia titulada "A Escola Racionalista na Galiza" a cargo do historiador ferrolano Eliseo Fernández.
O Salón de Actos da Escola de Artes "Pablo Picasso" da Coruña acolleu esta a conferencia e a charla posterior, nos que foron relatadas e analizadas diversas experiencias de escolas racionalistas que tiveron lugar nas vilas da Galiza dende o século XIX, recuperando nomes, lugares, ideas, ... por espacio de mais dunha hora.