jueves, 15 de abril de 2010

Xornadas e Exposición "Pedagoxías Libertarias"


A CGT da Coruña, segue a ter memoria, segue lembrando a loita dos que antes que nós trataron de conquerir unha sociedade sen clases, unha sociedade de liberdade e xustiza para todos e todas. Por todo isto, dende a CGT non esquecemos, e seguimos a prender a chama da rebeldía.

No intre actual, consideramos necesario e urxente recuperar a reflexión libertaria sobre a educación e lembrar algunhas desas experiencias para reivindicalas como métodos e modelos pedagógicos válidos e eficaces, lembrando as verbas de Ricardo Mella e tratando de levalas á práctica:

“A liberdade se educa coa liberdade, a solidariedade coa solidariedade e a igualdade coa igualdade”.