
A Confederación Xeral do Traballo (CGT) pretende con esta conmemoración homenaxear aos homes e mulleres que militaron e militan no anarcosindicalismo e loitan pola transformación social. Será en Barcelona, do 15 de xaneiro ao 15 de febreiro de 2011.
Desde que a conciencia obreira espertou abertamente no s.XIX, o proletariado loitou polo que consideraban fundamental, o seu dereito de asociación. Os obreiros e obreiras, ademais de loitar polos seus dereitos, empezaron a forxar a súa ideoloxía e ética, calando neles o pensamento anarquista, baseado na abolición de toda forma de goberno e na exaltación da liberdade individual, así pasaron de parias e miserables a se converter en protagonistas do seu destino.
A necesidade de unión solidaria entre o proletariado militante antiautoritario fructificou coa aparición do anarcosindicalismo. O anarcosindicalismo, movemento sindical de carácter revolucionario e orientación anarquista, vai mais alá de mellorar as condicións laborais. É conscente que sen un troco de sociedade as melloras serían pasaxeiras. Así arraigou a idea de revolución social, có desexo dunha sociedade organizada de abaixo arriba por medio de asociacións libres e a libre federación dos individuos en comunas. En poucas palabras, o exercizo da liberdade como un derecho inalienable. Dende hai cen anos, os compañeiros e compañeiras confederais veñen cantando á liberdade, conxurando a opresión e actuando de forma ética baixo os dictados da razón.
Comisión Organizadora da Exposición - Fundación Salvador SeguíMais información: Rojo y Negro Digital - CGT.org