jueves, 3 de marzo de 2011

Libro-Catálogo: "Cien años de anarcosindicalismo"

O anarcosindicalismo, movemento sindical de carácter revolucionario e orientación anarquista, constituiu na península ibérica unha grande forza revolucionaria cunha intensidade sen precedentes en ningunha outra parte do mundo.
A través dunha selección de prensa, libros, cartaces e documentos de arquivo lembramos aos seus protagonistas, evocamos as súas realizacións, recuperamos a súa memoria e reivindicamos a súa vixencia.
O catálogo contén unha cronoloxía, aporta a relación dos documentos expostos e, nas súas páxinas centrais, unha galería de imaxes da exposición. Tamén recolle un listado de 100 nomes de destacados militantes confederais. Pero o máis importante do catálogo son os 10 textos, correspondentes a 10 olladas sobre o anarcosindicalismo desde os seus orixes ata a actualidade.
O catálogo está editado pola CGT (Madrid 2011, 208 págs. Rústica 24x22 cm, ISBN 9788461463022). Trátase dunha edición bilingüe catalá-castellano, cun prezo de 20 euros