lunes, 4 de abril de 2011

Estrea do filme documental "As silenciadas" na Coruña

O vindeiro venres, 8 de abril ás 20:30 horas, na Domus da cidade da Coruña, terá lugar a estrea do filme "As silenciadas". Esta obra de Pablo Ces é un documental que recolle, a partir dunha investigación de catro anos da profesora Aurora Marco, a historia das mulleres guerrilleiras.
As silenciadas é un documental histórico que recupera historias de vida, inseridas no seu contexto, de numerosas mulleres que andaron na clandestinidade ou apoiaron desde a chaira o movemento guerrilleiro. Por defendelo, foron duramente represaliadas: morte, cárcere, tortura física e psicolóxica, exilio... O seu papel foi fundamental na supervivencia deste movemento de resistencia e compre coñecelo.
O acto consistirá nunha breve presentación, a actuación dos músicos que crearon a banda sonora: Pilo Sierra, Xacobe Lamas e Kiko Reimúndez, e a proxección do documental.
A entrada é de balde ate completar o aforo.


Mais información: "As silenciadas" en GaliciaHoxe