O pasado mes de maio veu a luz unha obra biográfica que inclúe unha relectura antolóxica de textos sobre Camilo Berneri. Este libro, de case oitocentas páxinas, está editado por varios entes confederais da CGT en colaboración coa Fundación Salvador Seguí. O autor, Stefano D'Errico é o secretario xeral da organización UNICOBAS de Italia.
Se tes interese en adquirir este libro, ponte en contacto directamente por correo electrónico coa Federación Local da CGT da Coruña.
Camilo Berneri foi un anarquista italiano cun ideario práctico e non dogmático. Non foi tan só un intelectual, senon tamén un home de acción, exiliado de Italia trala chegado ao poder do fascismo, se incorpora como miliciano á Revolución de 1936, organizando a primeira columna de voluntarios italianos antifascistas. Crítico con algúns plantexamentos da CNT e, sobre todo, co autoritarismo comunista do PCE, foi asasinado en maio de 1937 por axentes estalinistas tras manifestar o seu apoio ao POUM.
