Dentro das diferentes actividades que a CGT ten organizado con motivo do 75 aniversario do congreso fundacional da Federación Nacional de Mujeres Libres, celebrado en 1937, o Secretariado Permanente da CGT ven de elaborar unha antoloxía que recolle, respectando na súa forma o formato orixinal da revista publicada entre 1936-1938 por esta organización de mulleres anarquistas.
Textos de Amparo Poch Gascón, de Aurea Cuadrado, Emma Goldman, poesías de Lucía Sánchez Saornil o de León Felipe, dibujos de Baltasar Lobo ... son recollidos nesta Antoloxía coa que se pretende facer un achegamento ás ideas e a vida destos miles de mulleres, unhas coñecidas e moitísimas outras anónimas que deron o mejor delas para construiren un mundo mellor.
Ten 48 páxinas e un formato de 38 x 29 cm. O seu prezo é de 16 €.