jueves, 3 de enero de 2013
Programa monográfico da RTVE sobre Federica Montseny
O 29 de maio de 1991, a TVE emitiu un programa monográfico da serie "Mujeres", de Silvia Arlet, adicado á militante anarquista Federica Montseny, que inclúe unha entrevista, unha dramatización sobre algúns aspectos da súa vida e imáxes de arquivo.
Montseny fala da súa militancia anarquista e o ambiente familiar no que transcurriu a súa infancia, con fotografías de Federica e mais os seus pais.
Na entrevista repasa as súas lembranzas da publicación "La Revista Blanca", da sublevación fascista, da loita dos cenetistas en Barcelona, da súa etapa como ministra no goberno de Largo Caballero, do exilio, da morte de Franco e da revolución ... e tamén fala da súa relación con diferentes persoaxes relevantes: Angel Pestaña, o seu compañeiro Germinal Esgleas (con quen tivo aos seus fillos), Buenaventura Durruti, a súa amiga e tamén anarcosindicalista Teresa Claramunt, ...
Podes visionar o programa completo, premendo na seguinte ligazón:
Federica Montseny, monográfico