jueves, 1 de agosto de 2013

Presentación na Coruña do documental "Rojos"

O vindeiro venres dia 2 de Agosto, ás 19.30 horas, terá lugar na Fundacion Novacaixagalicia, a presentación do documental “Rojos, 20 historias de represión franquista”, organizada pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, en colaboración coa Asociación de Víctimas del Franquismo 17 de noviembre, de Orihuela.
O documental “Rojos, 20 historias de represión franquista” é un proxecto da Asociación de Vítimas do Franquismo 17 de Novembro, de Orihuela. Foi finalista no finalista no Festival de Cinema e Dereitos Humanos, e constitue un impactante e emocional relato documental no que, a través dos testemuños do seu vinte protagonistas, nárranos a historia en paralelo do ocorrido aos vencidos da guerra civil española. Os constantes puntos de inflexión e as extraordinarias conexións entre os protagonistas, unidos a unha trepidante banda sonora, fan déste, un documental sobre a memoria e contra o esquecemento.
Mais información: http://www.rojos-20.es/