lunes, 23 de diciembre de 2013

A CGT de Valencia edita un Video con imaxes históricas da década dos noventa da Confederación en Valencia.

Os compañeiros e compañeiras da CGT de Valencia teñen realizado un video con imáxes históricas da década dos noventa, con folgas, manifestacións, ocupacións e actos culturais da Confederación na cidade de Valencia.



A edición deste vídeo responde a unha doble significación, por unha parte dixitalizar os arquivos gráficos das actividades da CGT e por outro a recuperación da memoria histórica do Anarcosindicalismo.
Ademáis preténdese reunir un fondo gráfico propio, para nun futuro realizar unha exposición grafica das loitas da CGT. Nestes momentos se conta cun fondo de:

  • Imaxes do 1º mitin na Praza de touros de Valencia (CNT) 1977. Con parte destas imaxes e audio xa se ten realizado un vídeo.
  • Imaxes sobre asasinato de Valentín González, en 1979.
  • Imaxes da década dos noventa, un ano despois da perda das siglas CNT por sentencia xudicial, unha maioría de sindicatos xa legalizados dende a transición, modifican os seus estatutos para incluir as novas siglas do anarcosindicalismo unitario (CGT).
  • Imaxes dixitais dende o año 2000. 

Para seguir ampliando este arquivo gráfico, os compañeiros e compañeiras da CGT de Valencia solicitan ás afiliadas/os ou simpatizantes, fotos dende o periodo 1977 a 1997. As fotos serán dixitalizadas e devoltas aos titulares.