lunes, 12 de mayo de 2014

En lembranza de Valentín González.

O vindeiro 25 de xuño cúmplense 35 anos da morte de Valentín González Ramírez, militante anarcosindicalista de 20 anos que foi asasinado polo impacto dunha pelota de goma da Policía Nacional durante unha Folga legalmente autorizada na defensa das reivindicacións da clase traballadora.
A Confederación e, especialmente o Sindicato de Transportes, Comunicacións e Mar da CGT de Valencia, xunto aos familiares e amigos do compañeiro está traballando na campaña de reivindicación da memoria e a xustiza, na que está a colaborar, entre outros, o debuxante Carlos Azagra, autor do cartaz que ilustra esta entrada. Falar de Valentín González é falar de represión, de memoria, de xustiza e sobre todo de dignidade e solidariedade obreira.

Mais info: En memoria de Valentín González Ramírez