Na mañá do 15 de setembro de 1936, en Cabral, a 300m. do cemiterio de Puxeiros, foron atopados, esparexidos nas dúas gabias da estrada, asasinados a balazos polos fascistas os corpos de:
MARCIAL ARAÚJO CONDE
EUGENIO ARBONES CASTELLANZUELO
LUÍS BILBATÚA ZUBELDIA
SEGUNDO ECHEGARAY GARCÍA
ADOLFO MORGADE PAZOS
ABRAHAM MUÑOZ ARCONADA
INOCENCIO TABOADA MONTOTO
Soubose inmediatamente que os falanxistas foran a noite anterior a sacalos da cadea de Vigo, onde estaban presos, para levalos a tan arrepiante viaxe.
É intención da Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36, perpetuar mediante monumentos, pracas, etc, os lugares que na nosa cidade foron testemuñas do terror e da barbarie fascista como lembranza e homenaxe a todas as persoas que a padeceron e como sinais da historia de Vigo para as novas xeracións.
Con tal motivo, a Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36, convídaos aos seguintes actos:
CONFERENCIA: "Acontecementos en Vigo despois 18 de xullo do 36", a cargo do historiador Xan Carlos Abad Gallego, no MARCO (rúa do Príncipe), o mércores, 12 de setembro ás 20h.
ACTO HOMENAXE: Sábado 15 de setembro ás 19 h. en Cabral á altura do colexio Marcote. Terá lugar a inauguración dun monumento, obra de Ricardo Arias Alén, en homenaxe ás vítimas.
Organiza: Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36