Do 16 ao 30 xaneiro 2008, de luns a sábado de 17:00 a 21:00 h., no Multiusos de Sigüeiro, ao lado da Casa do Concello de Oroso, terá lugar unha Exposición de documentos, libros, fotos, carteis, símbolos, imaxes en DVD, paneis informativos… da época da Segunda República, Represión e Resistencia antifranquista na Comarca de Ordes.
Mércores, 16 de xaneiro a partir das 20:00 h.
- Inauguración da Praza Isaac Díaz Pardo en Sigüeiro, ao lado da Casa do Concello.
- Inauguración da Exposición da Memoria Histórica cunha conferencia de Xesús Alonso Montero e a testemuña oral de Isaac Díaz Pardo.
Mércores, 23 de xaneiro a partir das 20:30 h.
- Conferencia de Uxío-Breogán Diéguez Cequiel
- Testemuña Oral de Avelino Pousa Antelo
- Conferencia de Bernardo Máiz Vázquez
Mércores, 30 de xaneiro a partir das 20:30 h.
- Conferencia de Manuel Pazos Gómez
- Conferencia de Xosé Luis Rivas “Mini”
- Clausura da Exposición coa actuación musical de MINI e MERO
Os actos están organizados pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ordes co patrocinio da Xunta de Galicia e a colaboraciónn de: A.C. Obradoiro da História, Ediciós do Castro, Grupo Isaac Díaz Pardo, Ateneo Republicano de Galicia, A Revoltaina Cultural da Beira de Bergantinhos, e Fundación 10 de Marzo