O vindeiro sábado 2 de Febreiro,na Antiga Cámara Agraria de Cerdedo, ás 19 h 30, terá lugar a presentación do libro "Canteiros da Terra de Montes no Exército Popular da República. Album de Guerra", do que son autores Rogelio Arca Rivas e Dionísio Pereira.
A presentación está organizada pola Asociación Ecoloxista e Cultural de Terra de Montes “Verbo Xido” e a Editorial “Difusora de Letras, Artes e Ideas” de Ourense. Ademáis dos autores, tamén participarán Xurxo Pantaleón, do Proxecto Interuniversitario “As Vítimas, Os Nomes, As Voces”, Xavier Paz, de “Difusora de Letras, Artes e Ideas”, Claudio Rodríguez Fer, poeta e profesor da Universidade de Santiago, e mais un representante da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia
Se proxectará unha colección de fotografías dos canteiros da Terra de Montes que participaron na defensa do Madrid republicano no ano 1937.
Este libro é froito das vivencias de Rogelio Arca Rivas, canteiro Cerdedo e membro das Milicias Confederais que foi recollendo nun Diario de Guerra e 40 fotografías.
Mais información en Vieiros