lunes, 29 de noviembre de 2010

¡BÚSCANSE!


A CGT da Coruña, xunto con outras organizacións sindicais e institucións públicas, colabora coa Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña na procura da información e recoñecemento das vítimas da represión franquista nos concellos de A Coruña, Arteixo, Culleredo, Oleiros, Cambre, Sada, Bergondo, Betanzos, Abegondo e Carral.

A relación de persoas destes concellos asasinadas polo franquismo entre 1936 e 1977, pode consultarse en memoriadacoruna.com.