jueves, 2 de diciembre de 2010
INAUGURACIÓN NA CORUÑA DO MEMORIAL ÁS VÍTIMAS DA REPRESIÓN FRANQUISTA E ACTOS DE HOMENAXE
Inauguración do memorial ás vítimas da represión franquista, "Xérmolos de Paz e Liberdade", do escultor Valdi.
Domingo, 19 de decembro de 2010, as 17 horas, na avenida de Navarra (nos xardíns, fronte á residencia Torrente Ballester).
Nesta inauguración se procederá a unha lectura colectiva dos nomes das 600 persoas asasinadas polo franquismo nos concellos da Coruña, Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada, coa participación de distintas entidades, así como persoas do mundo da cultura, deporte, profesionais, etc. Haberá varias intervencións, entre elas de familiares das vítimas, e música.
Xantar de irmandade.
Antes da inauguración do Memorial, ás 14,30 horas, terá lugar no hotel Meliá María Pita, na praia do Matadoiro, un xantar de irmandade cos familiares das vítimas do franquismo.
As persoas interesadas en participar deben de chamar aos teléfonos 645029338 (Rubén) ou 695262728 (Fernando), para confirmar a súa participación nese xantar. Pódese facer o ingreso de 20 euros na conta: 2096/ 0489/11/ 3275331004. Tanto a chamada, como o ingreso, recoméndase que sexa antes do 16 de decembro.
Outras actividades da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña:
Presentación do libro "A historia secuestrada polo franquismo". Coa participación do autor, Manuel Monge, de Francisco Pillado, pola editorial Laiovento, e do escritor Manuel Rivas.
Mércores, 15 de decembro de 2010, ás 20 horas, no salón de actos da Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande da Coruña)
Homenaxe ás familias das vítimas do franquismo.Recital poético. Actuacións musicais de A Quenlla, Xosé Taboada e César Morán
Martes, 21 de decembro de 2010, ás 20 horas no teatro Rosalía de Castro da Coruña