Foi o 11 de xaneiro de 1933, cando os habitantes de Casas Viejas (Cádiz) decidiron que tiña chegado o momento de rematar con tanta inxustiza e explotación como sufrían e proclamaron o comunismo libertario
Unhas horas despois as forzas de orde público voltaron a restablecer o control do Estado na localidade e asaltaron o local da CNT. Nove persoas refuxiaronse na choza de Francisco Cruz Gutiérrez, «Seisdedos». Cando os gardas quixeron detelas, temerosos dos maltratos que de seguro lles agardaban, negáronse a se entregar. Comenzou entón un asedio que se prolongou durante horas e que finalizou có incendio da choza e a morte dos seus ocupantes, salvo dous: o neno Manuel García Franca e maila moza, María Silva Cruz, «La Libertaria».
Ao mencer do día 12, considerando que o castigo non fora suficiente, realizouse unha redada polo pobo. Doce homes foron trasladados ata os restos fumeantes da choza e, alí, foron asasinados.