Neste libro se recolle unha análise sinxela e directa das primeiras décadas da vida da CNT. Dende a fundación da CNT ata a II República, o autor realiza un repaso polas tres primeiras décadas de vida da Confederación, un periodo menos coñecido e do que non abundan as aportacións historiográficas.
O autor é Carlos Sanz, membro da FELLA (Fundació d'Estudis Llibertaris i Anarcosindicalistes, Barcelona) e do Ateneu Enciclopèdic Popular.
O libro está editado por Ediciones Anomia, un proxecto editorial anarquista sen ánimo de lucro, que busca editar libros e zines para difundir as ideas antiautoritarias.
O prezo é de 3,5 euros. Os libros de Edicións Anomia pódense consultar gratis en versión PDF, facendo click na imaxe da portada no seu website.