A finais do mes de marzo de 1943 foron executados a maior parte dos membres do primeiro comité rexional da Federació Ibèrica de Joves Llibertaris (FIJL) de Catalunya, encabezado por Joaquim Pallarès i Tomàs, nado no ano 1923 en l’Hospitalet de Llobregat.
Todo comezou o día 8 de marzo de 1943 coa detención dunha ducia de membros do grupo. Dúas semanas despois, concretamente o día 24, tivo lugar un daqueles grotestos xuizos sumarísimos nos que os encausados ya estaban sentenciados a morte antes do inicio das sesións.
O día 29 foron executados a garrote vil, na cadea Modelo de Barcelona, nove membros do grupo: Joaquim Pallarès Tomás, Francisco Alvárez Rodríguez, Fernando Ruiz Fernández, Benet Sauté Martí, Joan Aguilà Mompart, Bernabé Argüelles Depaz, Francisco Atares Agustín, Josep Serra López e Pere Tréssols Meix. Dous días despois foron conducidos ao patíbulo outros tres compañeiros máis: José García Navarro, Vicenç Martínez Fuster e Joan Pelfort Tomàs. Só salvaron a vida cinco membros do grupo: Vicente Iglesias, José Urrea, Manuel García, Rafael Olalde e Hilario Fondevilla.
Mais información en Rojo y Negro digital