domingo, 20 de marzo de 2011

Digna Rabia: Documental sobre a represión franquista sobre as mulleres

A Asociación da Memoria Histórica do 36 de Ponteareas, xunto coa Universidade de Vigo, ten impulsado o documentario Digna rabia, no que 27 mulleres comentan o impacto do franquismo nas súas vidas. O documental non só recolle as historias de activistas feministas, intelectuais e políticas, como María Xosé Queizán ou Nanina Santos, senon tamén de mulleres anónimas, que por vez primeira explican públicamente os anos de loita, superación e resistencia durante a guerra civil e a dictadura franquista.

Mais información:
La Opinión de A Coruña: "La memoria de ellas" (20/03/2011)
El Pais: "La memoria incompleta" (08/02/2011)