miércoles, 16 de marzo de 2011

A CGT solicita recoñecemento para o Consejo de Aragón e Joaquín Ascaso

A CGT de Aragón, a Asociación de Veciños La Paz-Torrero, e a Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica pediron hoxe na Comisión de Peticións e Dereitos Humanos das Cortes de Aragón, o recoñecemento do Consejo de Aragón, dos seus conselleiros e mais do seu presidente, Joaquín Ascaso.



O Consejo de Aragón foi creado, co nome de Consejo Regional de Defensa de Aragón, nunha Asamblea celebrada no pobo de Bujaraloz en setembro de1936, no contexto da Revolución Española. Funcionou no territorio aragonés onde se tiña proclamado o comunismo libertario logo da chegadas das columnas libertarias dende o Levante e Catalunya. Con sede en Caspe, agrupou a preto de 450 colectividades rurais aragonesas.
O Consejo funcionou ata agosto do ano 1937, cando unha división do exército republicado ao mando do comunista Lister disolve militar e brutalmente o Consejo e caen detidos Ascaso e o resto de responsables baixo falsas acusacións.


Cumpre lembrar as verbas de Ascaso no momento da disolución do Consejo de Aragón:
"Guiado siempre de un entusiasmo objetivo, sentía en mi trayectoria revolucionaria el intenso dolor de que al pueblo, precisamente a mi pueblo –la tierra aragonesa donde mis energías adquirieron desde la niñez la savia anarquista-, se arrebatase sin más ni mas el fuero de su autonomía, tan difícilmente alcanzado a fuerza de sangre, de tesón combativo, de fervor revolucionario…"

Sorprende moito o  fervor que ten obtido esta proposta de recoñecemento no parlamentario de IU segundo a nova aparecida no xornal ABC: Piden el reconocimiento institucional del Consejo de Aragón y de Ascaso.
Parece ter esquecido que o final do Consejo tivo lugar pola brutal represión do PCE. Lembramoslle a él e a todos as verbas dunha das derradeiras disposicións dese mesmo Consejo de Aragón:  "El terror anula las aspiraciones dignas, nobles y hermosas que dieron luz a la gran lucha que un pueblo entabló para encontrar la libertad que tantas espuelas y primates habían hollado, destruyendo con ello la continuidad de la revolución y creando la contrarrevolución al servicio de un partido con ansias absolutistas".

Para mais información, consultar os cadernos editados pola Fundación Salvador Seguí sobre o Consejo de Aragón na Colección Cuadernos de la guerra civil (Madrid, 1987).