domingo, 12 de junio de 2011
"Vivas en nós"
Baixo o título "Vivas en nós, Mulleres represaliadas polo franquismo na Coruña a raíz de 1936" a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña ten editado unha obra que reune fotografías e textos en prosa de Carmen Blanco e poemas de Claudio Rodríguez Fer para lembrar os rostros, as vidas e os nomes de moitas das mulleres que sufriron a forte represión que se produxo logo da sublevación fascista de 1936. Nomes e vidas como os das mulleres libertarias Sebastiana Vitales, Consuelo Meitin ou Basilisa Álvarez que xunto a moitas outras deixaron a súa pegada de loita e dignidade ata os nosos tempos.