jueves, 12 de enero de 2012

Presentación do libro "As mulleres na guerrilla antifranquista galega"

O xoves, 19 de xaneiro de 2012, ás 20’00 h. terá lugar a presentación do libro "As mulleres na guerrilla antifranquista galega" da historiadora Aurora Marco, organizada pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.
O acto se celebrará na sala de prensa da Fundación Caixa Galicia, Rúa da Estrela, 23-24, A Coruña, e ne transcurso do mesmo intervirán a autora Aurora Marco, Francisco Pillado Maior, da editorial “Laiovento”, e María Teresa Martinez, en representación da Comisión pola Recuperación da Memória Histórica da Coruña.
Tamén se proxectará unha escolma do documental “Silenciadas”, de Pablo Ces.