viernes, 5 de julio de 2013

Centenario de Abrahám Guillén, o economista do anarquismo

En coincidencia có centenario do nacemento do economista libertario Abrahan Guillén, en "Rojo y Negro Dixital"se recolle un artículo publicado por Le Monde Libertaire en setembro do ano 2006 baixo o título "La Autogestión según Abraham Guillén", traducido por Luis B.
A grande obra económica de Guillén cobra actualidade nun sistema antieconómico como o actual baseado na explotación do pobo por parte do capital e do estado. Este economista é un dos principais teóricos da economía autoxestionaria e foi quen, dun xeito máis científico, sistematizou a economía autoxestionaria.
Abraham Guillén Sanz naceu en Corduente (Guadalajara) en marzo de 1913 e morreu en Madrid en agosto de 1993. Foi membro da Federación Ibérica de Juventudes Libertarias (FIJL),  da CNT e da FAI.   Licenciado en Ciencias Económicas, exerceu de profesor de Economía Política en Bos Aires, durante o seu exilio arxentino.
Unha das súas principais obras foi "Economía Libertaria. Alternativa para un mundo en crisis" publicado en Ediciones Tierra Madre e na Fundación Anselmo Lorenzo.